Skip to Content

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

Aquí tedes as primeiras imaxes do alumnado  de 2ºB  de  Educación Primaria desenvolvendo a primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais” organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña:

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS:

A nivel de centro efectuarase unha xornada de xogos tradicionais, organizada polo EDLG, que constará de 3 fases que a continuación se sinalarán:

Fase 1 - Indagación:  cada nivel educativo indagará sobre un xogo tradicional.

Fase 2 - Construción do produto: estreitamente relacionada coa PDI “Salvemos o planeta” posto que cada grupo de alumnas/os recreará mediante materiais de reciclaxe o xogo escollido.

Fase 3 - Xornada conxunta: o seu desenvolvemento coincidirá coa semana das Letras Galegas, desenvolveremos unha xornada de xogos tradicionais o 15 de maio.

Proximamente mostrarémosvos imaxes dos diferentes cursos desenvolvendo as fases sinaladas anteriormente. Polo que, estean ben atentas e atentos!!!

Con agarimo,

O EDLG.

OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA RECOMENDAN...

Os alumnos de 2º de primaria, dentro da súa participación da P.D.I " SALVEMOS O PLANETA"  estiveron realizando unhas pequenas recomendación para enviarlle a Papá Noel para que as teña en conta cando merque os agasallos de Nadal.

 

INFANTIL E 1º PRIMARIA

OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL, DE PRIMEIRO DE PRIMARIA XUNTO COS ALUMNOS DA GÁNDARA PASARON UNHA XORNADA LÚDICA E DIVERTIDA EN INDIANA BILL (RAMALLOSA). AQUÍ PODEREDES VER ALGUNHAS DAS FOTOS!!

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2019

 Estimadas familias:

 

         Temos o pracer de invitalos ao xa tradicional Festival de Nadal que terá lugar o venres 20 de decembro no salón de actos do noso centro.

 

Para evitar problemas de aforo o festival estará dividido en dúas partes. Ao rematar a primeira parte teremos un pequeno descanso, durante o cal as familias que xa viron aos seus nenos e nenas deberán saír,  deixando así espazo ás que asistirán á segunda parte.

 

Deste xeito esperamos que todos os asistentes poidan gozar comodamente das actuacións.

  Coma en case tódalas festas faremos merenda conxunta; nesta ocasión, os encargados de traer a merenda (roscas, biscoitos...) serán os nenos e nenas de 1ºB e 5º de primaria. Moitísimas grazas pola colaboración.

 

1ª Parte: 9:30

3 Anos :“Temos orellas de …”

4 Anos e 5º primaria: “Baixan pastores”

5 Anos e 6º Primaria: “Os reis de Oriente”

1º Primaria: “O cangrexo”

 

 

AS FAMILIAS QUE XA VIRON AOS SEUS FILLOS E FILLAS DEBERÁN SAÍR, DEIXANDO ASÍ ESPAZO PARA OS SEGUINTES.

 

2ª Parte: 10:30 

CORO :“Aquí te traio María” e “Durme meu neniño”

2º Primaria: “O Poni”

3º Primaria:“Sigue a luz”

 4º Primaria:“A vida é puro teatro”

 

BO NADAL E FELIZ 2020!!!

Poesía: A nena que quería salvar o planeta

Os alumnos de segundo de primaria están traballando a reciclaxe e descubrindo que poden facer para mellorar o coidado do planeta...

E aquí nos deixan un pequeno resumo do que foron aprendendo en forma da poesía.

Bo traballo rapaces!!!

Charla Revitaliza

Este curso participamos en VOZ NATURA. 

Os alumnos de 2º de primaria recibiron unha charla moi interesante sobre a compostaxe e a reciclaxa a cargo de Marcelo, un monitor de REVITALIZA.

De seguido xogaron "O xogo da MIñoca" Co que puxeron en practica o parendido. 

Clica na imaxe

 

OS NENOS DE 4 VISITAN AS REDEIRAS E O TRASMALLO!!

HOXE, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS VISITARON A NAVE DAS REDEIRAS, XA QUE ALÍ TRABALLA A AVOA DE NOA; VIMOS COMO ATABAN E MONTABAN AS REDES, COMO SEPARABAN PARA RECICLAR, ENSINÁRONNOS A ESPADA O PEIXE ESPADA, A DENTADURA DUN TIBURÓN, UNHA CARACOLA.... APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS E SOBRE TODO DISFRUTAMOS CAS CORTIZAS, SACANDO O CHUMBO DA CORDA, ETC.

DE CAMIÑO AO PORTO PARAMOS A SAUDAR A NAI DE DANI E A TÍA DE LÚA. E APROVEITAMOS PARA COÑECER DE PRIMEIRA MÁN COMO SE TRABALLA NO TRASMALLO: O RESTAURANTE DOS PAPIS DE IKER QUE NOS INVITARON A MERENDAR!!

SOAMENTE TEÑO PALABRAS DE AGRADECEMENTO PARA  TODA A FAMILIA DE IKER, DE NOA E A TODO O PERSOAL DA NAVE DAS REDEIRAS POLA SÚA COLABORACIÓN NESTA SAÍDA.

AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO  CAS FOTOS QUE ESPERO QUE VOS GUSTE!!

 

 

 

O LUNS COMEZA O RASTRIÑO DE NADAL!!

 

A PARTIR DO LUNS XA PODEREDES IR A SAL DE INFORMÁTICA PARA CAMBIAR OS VOSO TICKETS POR CONTOS NOVOS. XA ESTÁ TODO PREPARADO!!!

XA CHEGOU O NADAL A SANGRIÑA!!

O COLE INÚNDASE DE NADAL! CASE TODO FEITO CON MATERIAL DE REFUGALLO!! MIRADE, MIRADE...

 COS TAPÓNS, CÁPSULAS DE CAFÉ, CUNCHAS DE ZAMBURIÑAS, REDES DOS ALLOS E LARANXAS, CARTÓNS DOS ROLLOS DE BAÑO...

OS ALUMNOS DE 2º E C UARTO ELABORARON OS ADORNOS DA ÁRBORE,

 CO PAPEL DE ALUMINIO DOS BOCADILLOS RECOLLIDO  DURANTE ESTES MESES E CON CAIXAS DE CARTÓN  TAMÉN FIXERON ESTA ÁRBORE XUNTO COS BONECOS DE NEVE E RENOS.

 NAS PORTAS DAS AULAS DE 1º E 2º TEMOS ESTES CALENDARIOS DE ADVIENTO

 

MOITAS MANUALIDADES ADORNAN CADA RECUNCHO DO COLE

 

Distribuir contido


by Dr. Radut