Un grupo de mestres e mestras, ante a situación na que nos atopamos, crean a páxina AULAS GALEGAS na que nos ofrecen recursos, materiais e outras actividades para que os mestres, os nenos e as familias poidamos desfrutalos.
Os recursos están ordenados por nivel académico. Tamén teñen seccións para os maiores, para a lectura e para enredos.
Clica na imaxe e descubre todo o que nos ofrecen!!!
SABEMOS QUE É O CORONAVIRUS? QUE PODEMOS FACER PARA COMBATER AO VIRUS DENDE A NOSA CASA?
Queridos rapaces, como xa sabedes, estaremos un tempo sen vernos por un virus chamado Coronavirus. Pero sabemos en que consiste ese virus? Imos aprender un pouquiño sobre el.
Moi ben rapaces! No vídeo, fálase de tres regras que temos que cumprir todas e todos. A segunda é lavarse as mans. Pero ti sabes se o están facendo ben? Compróballo!!
Que ben! As mestras e mestres estamos segurísim@s que agora xa sabes como lavar as mans correctamente. Noraboa!
Que che parece se agora facemos un pequeno experimento? Só precisas, un recipiente (un prato por exemplo), auga, pementa negra e xabón.
Os pasos a seguir, son os seguintes:
1º Collemos o material necesario para desenvolver o experimento.
2º Vertemos auga no prato.
3º Botamos unha pouca de pementa negra no prato e mesturámola coa auga.
4º Introducimos un dedo e observamos que pasa.
5º Lavamos as mans con xabón, tal como aprendemos no vídeo anterior.
6º Volvemos a introducir un dedo con xabón dentro do prato.
Que sucedeu? Abraiado/a?
Agora podes ver un vídeo dun neno facendo ese mesmo experimento. Comproba se el e o adulto que o acompaña chegaron a mesma conclusión que ti.
Como podes observar, dende a túa casa podes combater ao virus. Confiamos en ti!!
SÚMATE AO RETO " QUEDA NA CASA "
Pero, recorda non estamos de vacacións. Cada día fai a tarefa que tes encomendada polos mestres e estuda.
O luns 9 de marzo conmemoramos no cole o día de muller colocando pegadas polo cole de mulleres que son moi importantes para os nosos alumnos/as, todas esas pegadas camiñan cara a nosa porta violeta que se atopa no patio de primaria no que lle colocamos o noso lema:
"CAMIÑANDO DA MAN CARA A IGUALDADE"
E todos xuntos cantamos a canción de Rozalén " La puerta violeta".
A verdade e que foi unha actividade mli bonita e sobre todo que encheu o cole de mulleres fermosas: nais, avoas, tías, xogadoras de balonmán, etc.
DEBIDO AS MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS ADOPATADAS POLA XUNTA DE GALICIA, QUEDAN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA TODO O NOSO ALUMNADO DENDE O 16 DE MARZO E CUNHA DURACIÓN DE 14 DÍAS.
HOXE NO NOSO CENTRO OS PAIS E NAIS DOS NOSOS ALUMNOS PUIDERON ESCOITAR UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA GUARDIA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR, O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E A VIOLENCIA DE XÉNERO. TODOS OS ALÍ PRESENTES RECIBIMOS INFORMACIÓN MOI VALIOSA E NECESARIO NESTES TEMPOS.
NO CURSO 2018/19 COMEZAMOS CUN PROXECTO QUE TEN COMO OBXECTIVO MELLORAR E TRANSFORMAR POUCO A POUCO O NOSO PATIO DE RECREO. ESTE PROXECTO FOI RECOÑECIDO POLOS PRESTIXIOSOS E NACIONAIS PREMIOS GSD INNOVA CUNHA MENCIÓN HONORÍFICA POLO QUE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS XA QUE NOS MOTIVAN A SEGUIR TRABALLANDO E VALORAMOS POSITIVAMENTE QUE RECOÑEZAN ASÍ O NOSO TRABALLO .
ESTE CURSO CONTAMOS CON 7 CAIXAS NIÑO NO PATIO:4 DELAS FORON ELABORADAS ARTESANALMENTE POLO PAI DE INÉS, UNHA NENA DE 4 ANOS E OUTRAS 3 FOROS DOADAS E COLOCADAS POLA COMUNIDAD DE MONTES DE A GUARDA.
AQUÍ PODEDES VER COMO DECORAN E AXUDAN A COLOCALAS OS NENOS DE 4 ANOS:
E AQUI OS AXUDANTES SON OS NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA QUE OBSERVAN COMO O ENCARGADO DA COMUNIDADE DE MONTES AS COLOCA NAS ÁRBORES QUE SE ATOPAN PEGADAS AO VALADO DO COLE: