Skip to Content

GALICIA LE

Sabías que mentres dure o confinamento podes seguir leendo?

A plataforma de préstamo de Bibliotecas Públicas Galegas poncho ben fácil!

Só tes que rexistrarte e podes descargar calquer libro do seu catálogo, tanto en galego como en castelán... e sabías que tamén teñen películas?

Deixamos a ligazón como permanente no lateral dereito... Non to perdas!

PARA ENREDAR: NI SI NI NO

Hoxe, vos traemos unha adaptación do xogo "Ni si, ni no" A idea que vos

compartimos consiste en imprimir as tarxetas do xogo ou facer as vosas propias de

xeito caseiro e poñelas boca abaixo sobre a mesa. Cada xogador, por quendas,

sacará a súa carta e entregaralla ao seu rival que lle preguntara o que esta escrito

nela. O xogador respondera ao que lle pregunten sen utilizar nin si nin no. . É ideal

para traballar conversación espontánea, razoamento lóxico, argumentación, puntos

de vista, creación e defensa de opinións... E ademais trata temas sociais que

sempre es interesante traballar. ¿Que os parece?

Mais abaixo podedes atopar exemplos de tarxetas por niveis según a idade

Nivel 1: 1º e 2º

Nivel 2: 3º e 4º

Nivel 3: 5º e 6º

 

 

PARA ENREDAR: CREA O TEU COMIC!

C:\Users\Acer laptop\Desktop\elementos-del-comic-11-728.jpg

Hoxe presentamos un exercicio de escritura creativa que vai dirixido

fundamentalmente ao alumnado de 3º e 4º de primaria, pero seguro que os maiores

tamén podedes facelos.

Só temos que coller un papel e facer recuadros, que serán as nosa viñetas. Podedes

empezar con tiras de cómics con TRES viñetas e inventar o que se vos ocurra. Tamén

podedes botar unha ollada aos vosos cómics favoritos ou persoaxes e tentar

debuxalos.

Pero se queredes partir de modelos de cómics, deixamos unas plantillas paraq

que poidades encher os globos de texto e colorear os debuxos.

A disfrutar dos cómics!

 

TAREFAS RELIXIÓN PRIMARIA

Traballo para esta semana: IR A RECURSOS INTERACTIVOS ANAYA RELIXIÓN ( TODOS OS CURSOS)

CURTAMETRAXES PARA REFLEXIONAR (3º E 4º PRIMARIA)

OLA!!! Adxunto una ligazón para ver unha curta 3º e 4º EP: PIP A SHORT ANIMATED.

  

3º TRIMESTRE

Ola familias, 

Hoxe damos comezo á esta 3ª Avaliación tan peculiar. 

Á diferenza de estas últimas semanas, nas que as actividades plantexadas polos docentes eran voluntarias, ahora, pasan a ser de obrigado cumprimento, sendo só algunhas avaliables;  cada un dentro das súas posibilidades e situacións particulares...¡Seguimos traballando!

Non perdamos á perspectiva, sabemos que son tempos difíciles.

Como cada mestre decidiu empregar a plataforma que lle pareceu mais axeitada para o seu alumnado, aquí vos deixamos un cadro resumo de cada curso, no que aparece a plataforma empregada por cada un e como acceder a ela, así coma o contacto de cada un de nós.

 

Queríamosvos transmitir unha mensaxe de calma, e facervos saber que estamos á vosa disposición para calquera dúbida que vos poida xurdir.

Dende o centro transmitirvos todo o noso apoio.

PARA ENREDAR: O XOGO DO GATO

A actividade de hoxe é un xogo matemático de estratexia e de multiplicación.

Moi recomendado para repasar as táboas de multiplicar.

Neste xogo temos que ocupar 3 casilleiros contiguos do taboleiro, evitando que outros xogadores o consigan antes.

Os mateirais que precisades son:

  • Banda numérica e taboleiro cadrado de 36 casillas. ( Damos os modelos para que poidades xogar).
  • 2 clips.
  • Botóns de cores ou fichas de parchís.     

 

 

 

Modo de xogo: 

O primeiro xogador coloca os dous clips na banda numérica ( poden ser diferentes números ou colocar os dous no mesmo número).

Fai a multiplicación deses dous números e coloca o seu botón no casilleiro dese producto.

O seguinte xogador move  só UN clipa outro número da banda numérica. Fai a multiplicación e coloca o seu botón no taboleiro.

Por turnos van colocando os botón. Gaña o primeiro xogador que ocupa TRES casilleiros en liña. A liña pode ser horizontal, vertical ou diagonal. 

C:\Users\Acer laptop\Desktop\pic juego el gato.jpg

 

Para xogar no ordenador existen moitos xogos para practicar as táboas. Temos unha versión de Calculandox, Tabla en línea, que ofrece a opción dixital.

 

Aquí vos deixamos unha opción para imprimir:

2 ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

https://autismodiario.com/wp-content/uploads/2020/04/quedate-en-casa.jpg

Este ano 2020, a concienciación do autismo colle un  carácter diferente, alonxado de ideas previas, estamos vivindo a delicada situación deste colectivo, quizá demasiado, tanto quenes están no espectro do autismo como as súas familias, indistintamente da súa idade ou condición.

Este confinamento forzoso fai que as familias teñan que facer grandes esforzos, nalgúns casos superando as  súas capacidades e con grandes dificultades no ámbito familiar. Tivemos ocasión de realizar peticións para poder sair a rúa ou ao exterior baixo determinadas cirscunstancias, peticións que o goberno de España. 

 

Quizais sexa boa idea, nestes días , complicados para moitos, poidamos cambiar o noso propio discurso, cambiar as nosas propias expectativas e mirar cantas cousas somos capaces de cambiar hoxe para non ter que preocuparnos eternamente.

ANIMAMOSVOS A QUE VOS SUMEDES A ESTA INICIATIVA COS VOSOS FILLOS/AS

https://pbs.twimg.com/media/EUg9EC3X0AEm4am.jpg

2º AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS

Estimadas familias, 

Segundo se desprende da reunión da Ministra de Educación cos Conselleiros de toda España, a 2ª avaliación comprende ata o último día que tivemos colexio (o venres 13 de marzo).

  • A 3ª avaliación comezará oficialmente á volta das vacacións de Semana Santa.
  • Haberá unha reunión no Ministerio para aclarar axustes no currículo, contidos mínimos... quedamos á espera de que o noso Inspector nos remita as instruccións pertinentes.
  • Os traballos de reforzo e consolidación realizados durante a quincena de confinamento (do 13 ó 3 de abril) polos alumnos/as non son avaliables.

Entrega de notas:

Conforme á situación actual,  as notas publicaranse en ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril ás 14:00 do mediodía.

Moitas familias xa teñen instalada esta aplicación nos seu teléfonos móbiles.

Para aquelas que aínda non a teñan, poden consultar as instrucións de uso ou  a guía de descarga.

Se aínda así tedes dúbidas, aquí vos deixamos un pequeno vídeo explicando o procedemento de forma moi sinxela:

 

Se xurden problemas non dubidedes en escribirnos ó correo do cole, ceip.asangrinha@edu.xunta.es, e intentaremos solucionar o que esté da nosa man o antes posible.

Moito ánimo, e ogallá nos vexamos pronto!

O Equipo Directivo

 

QUEDÁMONOS NA CASA!

Estimadas familias,

A continuación queremos dar a coñecer a aplicación do Xabarín Club, nela atoparedes unha morea de vídeos de debuxos animados. Dita APP incorpora o control parental, deste xeito, permite ás familias escoller os contidos axeitados para a súa filla ou fillo. Poden obter máis información, pulsando no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg

O EDLG

Distribuir contido


by Dr. Radut