Skip to Content

PARA ENREDAR: DOBBLE

XOGO DOBBLE FONOLÓXICO

Este xogo componse de 30 roscos e 30 tarxetas. É ideal para traballar á conciencia fonolóxica pero tamén se pode adaptar á escritura e a todo o que precisedes! De igual forma, traballa vocabulario, atención…

Se colle unha tarxeta de cada,(1 redonda e unha cadrada) e temos que buscar un obxecto dos que hai no roso, que empece ou conteña a letra indicada na tarxeta. O xogador máis rápido gaña ó rosco.

Gaña o xogo o xogador que máis roscos consiga.

ACTIVIDADES RELIXIÓN 2º ATA 6º

TAREFAS PARA ESTA SEMANA, ABRIR FICHEIRO ADXUNTO. NON PODO  DICIR NADA MÁIS!!

UNHA APERTA VIRTUAL!

SAÍDAS DOS NENOS A PARTIR DO 26 DE ABRIL

CONDICIÓNS DAS SAÍDAS DA POBOACIÓN INFANTIL DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Como supoño que xa sabedes, a partir do domingo 26 de abril as nenas e nenos menores de 14 anos poden saír á rúa. Non obstante débense cumprir unha serie de condicións que garantan a mellora da situación e a saída desta crise.

Só se poderá saír unha vez diaria entre as 9:00 e as 21:00, durante como máximo unha hora e non máis lonxe de 1 km da vivenda. A non ser que presenten síntomas ou saibades que estivestes en contacto cunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.

Para asegurarnos que estamos no radio permitido, podedes comprobar o voso rango de movemento con este recurso:

https://1km.geomatico.es/

Como debe ser o paseo?

En grupos de un adulto e, como máximo, 3 nenas/os. Se vos cruzades con alguén debedes manter unha distancia mínima de 2 metros.

A onde podemos ir?

A 1 km de distancia a calquera sitio menos aos parques infantís (Alameda, Parque de Pías...) nin a instalacións deportivas.

Quen pode ser ese adulto responsable?

Pode ser calquera persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio neste momento.

Tamén se permite aos empregados do fogar que queda a cargo do/a menor. Neste caso debe ir cunha autorización previa de estes.

Este adulto/a debe garantir que se cumpren os requisitos mencionados ata agora.

Non esquezades seguir cumprindo coas medidas de hixiene fronte ao COVID-19.

 

Antes de saír convén recordar cas nenas e nenos estas pautas xunto coas medidas de hixiene. Pedídelles aos nenos que sexan eles quen recorden as normas antes de saír. Deixamosvos un resumo:

 

Para calquera dúbida sergiof@edu.xunta.gal

Podedes acceder ao documento do BOE nesta ligazón

https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4665.pdf

PARA ENREDAR : BATALLA NAVAL

 

¿COMO ANTICIPAR Á SAÍDA Á RÚA DOS PEQUENOS?

Con moita probabilidade este domingo os rapaces e rapazas van poder saír á rúa ¡Por fin!

Para anticipar este acontecemento, vos deixamos un recurso que vos pode ser moi útil, sobretodo para ós mais cativos.

O Oso Goloso, nos da consellos e nos explica como debe ser esta saída.

 

 

 

Unha aperta moi forte, 

O Equipo Directivo

Todo o día en casiña

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña acórdase moito de vós, e queremos axudarvos a pasar este período excepcional do mellor xeito posible. A nosa recomendación e que vexades o videoclip “Todo o día en casiña” que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Con agarimo

O EDLG.

PARA ENREDAR: MÍMICA

MIMO 

Se trata del clásico juego de mímica, el cual no sólo permite mimar las acciones representadas en las cartas, sino también entrenar el lenguaje oral (por ejemplo: hacer adivinar la acción, describiéndola), trabajar el vocabulario de las acciones y los verbos.  

Los dibujos muestran diferentes categorías: animales, instrumentos musicales, transportes, objetos de la vida diaria, prendas de vestir y acciones y profesiones. 

Basta imprimir y recortar las imágenes, cuya categoría está determinada por un color. 

 

ACTIVIDADES DO DIA LIBRO (relixión)

OLA MOZ@S!!! ADXUNTA UNHA ACTIVIDADE PARA TRABALLAR O DÍA DO LIBRO. UNHA PARA 2º DE EP E OUTRA PARA 3º E 4º DE EP. AS FICHAS SON OPTATIVAS.

O DÍA 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO".

ENVÍO DE MATERIAL ÓS DOMICILIOS

Nos próximos días as familias que non teñen acceso a internet ou a medios informáticos recibirán nas súas casas o material impreso preciso para comezar a traballar a 3º avaliación.

O alumnado de 4º EP recibirá tamén os libros precisos para o traballo na web.

Agardamos que todos estedes ben e con isto facilitarvos o traballo.

Un saúdo 

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut