Skip to Content

RESEÑA SOBRE O PROXECTO "PLATERO Y YO" NA ERA DIXITAL

Versión para imprimir

Estamos moi, moi content@s. Unha vez máis, outro dos nosos proxectos " PLATERO Y YO" na era dixital, saiu o venres publicado NO ESPAZO ABALAR da Consellería de Educación no apartado de EXPERIENCIAS 2.0

 

PARABÉNS! E a seguir traballando.

 

 

Experiencias. Aulas 2.0

 

EXPERIENCIAS 03/10/2014

CEIP A Sangriña: “Platero y yo” na era dixital

Coa conmemoración do centenario da publicación do libro Platero y yo de Juan Ramón Jiménez a profesora andaluza Lourdes Giraldo coordinou o proxecto colaborativo “Platero y yo en la era digital” no que participaron 56 centros de España e Sudamérica creando un libro virtual con actividades que promoven o desenvolvemento de diversas competencias. Entre os obxectivos deste traballo están coñecer, apreciar e gozar con Platero y yo utilizando as TIC, utilizar recursos interactivos de software libre na rede onde alumnado, profesorado e familias poidan publicar sen necesidade de rexistrarse e desenvolver a competencia dixital.

Neste proxecto participa o CEIP A Sangriña de A Guarda, onde a profesora Mª José Baz dirixe o traballo do alumnado de 2º e 4º de educación primaria. Ao longo das 17 páxinas creadas no libropropoñen lecturas da obra de Juan Ramón Jiménez en galego e castelán, un taller de estampación onde os alumnos maiores se converteron en axudantes dos máis pequenos, elaboración de carteis, acrósticos, actividades para traballar as linguas galega e castelá, recompilación de refráns, etc. Todas estas actividades quedaron reflectidas no blogue O baúl de cuarto de primaria, no recuncho de lectura creado no centro e no libro virtual, para o que fixeron caderniños, fotografías, vídeos e un achegamento á realidade aumentada.

Ademais do software libre OurScrapbook, que permite a creación de libros virtuais colaborativos nos que poden incluírse obxectos multimedia, nas actividades realizadas polo alumnado do CEIP A Sangriña utilizan múltiples ferramentas web 2.0 que permiten a difusión do traballo realizado.

Clica na imaxe



page | by Dr. Radut