BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
PARA ENREDAR: XOGO EN FAMILIA
HOXE VOS PROPOÑEMOS UN XOGO FAMILIAR “ XOGO EN FAMILIA”
O xogo consiste en coller unha tarxeta e representar a imaxe que nela aparece.
O Obxectivo do xogo é que os adversarios adiviñen a palabra. Si a adiviñan gañan a tarxeta.
Se non a adiviña a tarxeta queda no equipo que a explicou.
Gaña o que máis tarxetas consiga.
A representación da imaxe da tarxeta pode facerse en 8 categorías diferentes ( cada carta especifica que
categoría temos que interpretar). Debese avisar os adversarios que categoría imos utilizar antes de
empezar a representar
1. MÍMICA
2. DEBUXO
3. SOLO 2 PALABRAS( debese explicar a palabra correspondente a imaxe utilizando só dúas
palabras coas que garde relación)
4. BUSCA OBXECTOS QUE AS SÚAS LETRAS FORMEN A PALABRA (nos referimos a
letra inicial dos obxectos. Por exemplo se a palabra a adiviñar é CASA podemos dicir
obxectos coma Cama-Arbore-Sapo-Avión)
5. 10 SEGUNDOS PARA EXPLICALO
6. ESCRIBE A PALABRA QUITANDO AS VOGAIS
7. TELÉFONO AVARIADO( tense que explicar a palabra falando entrecortado como cando
falamos polo móbil e nos quedamos sen cobertura ou pasamos por unha ponte)
8. EXPLÍCAO CANTANDO EN 5 SEGUNDOS