Skip to Content

PARA ENREDAR: NA COCIÑA TEMOS MOITO QUE FACER!

Versión para imprimir

 

Nestes días de festa imos a meternos na cociña e coa axuda dun maior imos preparar unha sorpresa que a podemos comer toda a familia.

 

 

Receta de amorodos recheos. Para 6 persoas. Tempo: 30 minutos.

Ingredientes:  

 

  • Medio Kg  de fresas grandes ou fresóns.
  • 1 tarrina de queixo de untar ( tipo Philadelphia)
  • Media taza de azucre en polvo.
  • 1 culleradiña de estracto de vainilla.
  • Media taza de galletas moídas.

 

Elaboración:

 

1) Lavar e cortarlle as fresas a parte de arriba. Quitarlle cun coitelo a parte do interior ( con axuda dun adulto).

 

2) Nun bol, misturar a crema de queixo, o azucre e a vainilla. Bater todo moi ben.

 

3) Coller unha bolsa de plástico ( ou tipo Ziploc) e cortárlle un anaquiño cun coitelo. Meter a mistura de queixo para usar como manga pasteleira. Rechear as fresas coa mistura.

 

4) Botar por enriba as galletas moídas e meter na nevera para refrixerar. De rechupete!!

 

Agora deixovos unha plantilla para poder anotar esta receta primaveral.Ánimo seguro que podedes!

 

 

 



page | by Dr. Radut