BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
PARA ENREDAR: LIBRO DE NÚMEROS
Versión para imprimir
Esta actividade nos permite traballar o sistema posicional de numeración e ademáis de forma sinxela e entretida.
Materiais:
- Follas de papel ou cartolina.
- Anillas ou cordeis, las…
- Un anaco de cartón para facer a base.
1º Temos que recortar os papeis e rectángulos. Facemos buratos nos papeis e despois escribimos os números desde 0 hasta o 9.
2º Cada montonciño de papeis do 0 ao 9 atámolo ou poñemos anilla co cartón.
Podes escribir os valores das cifras de cada número: unidade, decena, centena, unidade de millar…
Que podemos facer con esta “libretiña”?
- Facer dictados de números e o neno/a ten que “representalo” na libreta.
- Fixarnos cos nenos que en cada posición sempre ten 10 díxitos.
- Facer sumas: Damos un número, representao e logo engade outro número.
Tamén poderías usar unha libreta vella e cortala en tantas partes coma díxitos queiras traballar.