ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Este curso escolar toca renovar parte do Consello Escolar ( 3 pais, un deles representando a ANPA e 3 mestres do centro). Polo que precisamos un candidato de entre os pais para pertencer a esa mesa electoral das eleccións que se celebrarán o 23 de novembro, ( seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG 9 de agosto)
Os candidatos, terían que ser pais ou nais con dispoñibilidade horaria polas mañás para poder vir ao centro. Aqueles interesados ou interesadas escribídeme o correo do centro ceip.arua@edu.xunta.gal, co asunto Xunta Electoral. Cos que mes escribades ata venres farei un sorteo público no cole, para seleccionar un candidato, ese sorteo realizarase o vindeiro luns 18 as 9:35 no comedor, a resolución desta será comunicada na páxina web do centro ese mesmo luns.