MÓLLATE POLOS RÍOS

Hoxe a ANPA, xunto con pais, alumnos e profesorado do CEIP A RÚA, molláronse polo río Saíñas, seguindo a campaña" Móllate polos ríos"

 O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008, organizando un día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. Un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Pretenden así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluvias como premisa para garantir a súa saúde.

Podesdes ver aquí as fotos do que sacaron esta mañá do río, situado ao lado do colexio, o río Saíñas. Clicade na foto para acceder o album.

                                                                   Nigrán súmase un ano máis ao proxecto de Adega "Móllate polos ríos" -  Comarcas na Rede