HORARIOS CONFINAMENTO

Anexo 1 do Plan de Continxencia do centro

 

De acordo coa Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, do 2 de novembro de 2020, pola que se aproba o Plan de Continxencia ante  posibles peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensinonon universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021, este documento concreta os horarios do alumnado e profesorado de 3º a 6º curso de Educación Primaria en caso de corentena nunha aula ou de confinamento total.

A carga lectiva incluída nestes horarios respecta o mínimo do 60% para cada materia establecido na devandita Resolución, aínda que na práctica poderá ampliarse en función das necesidades de cada grupo (dificultades de conexión conxunta, coincidencia de horarios entre irmáns, incompatibilidade do horario coa conciliación familiar e laboral…) Chegado o caso, as titoras estarán en contacto coas familias e co profesorado especialista para facilitar o acceso de todo o seu alumnado.

Tendo en conta a experiencia do confinamento anterior, consideramos que podería ser máis operativo e práctico para o alumnado o agrupamento das sesións correspondentes a cada materia no mesmo día, respectando no posible o horario presencial no caso das especialidades, por se é só unha aula a que ten que confinarse, xa que o profesorado especialista tería que continuar co seu horario habitual no resto dos cursos. Isto favorecería ter o tempo necesario para transmitir as explicacións e instrucións necesarias en cada materia, evitando os cortes e as dificultades que se producen habitualmente no establecemento das conexión virtuais. Sen esquecer que, respectando o proxecto educativo do centro, as propostas que se fagan ao alumnado buscarán o desenvolvemento das competencias e a interdisciplinariedade. Por iso, cada materia non se traballaría só no momento establecido no horario, senón que haberá distintas propostas na aula virtual que o profesorado explicará no tempo establecido para iso.

Sen embargo, de acordo coas instrucións recibidas, incluimos a continuación os horarios oficiais entregados á inspección educativa, facendo constar que de acordo co principio de autonomía do centro, estes poderán sufrir modificacións en función das necesidades do alumnado e das súas familias, en base a criterios de calidade, equidade e diversidade. Tamén poderán verse adaptados para respectar a liña de traballo do centro, que se caracteriza polo emprego de metodoloxías activas como o ABP, as tarefas interdisciplinares ou a aprendizaxe cooperativa.

No caso de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria arbitraranse medios máis intuitivos como blogs ou SITES para presentar as propostas de traballo.

Horarios de 3º a 6º de Primaria:

 

 

3º Primaria

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:30

Matemáticas

Lingua Castelá

Inglés

Matemáticas

CC. Naturais

10:20

CC. Sociais

Ed. Física

Inglés

Lingua Castelá

CC. Sociais

11:10

Lingua Castelá

Matemáticas

Matemáticas

Ed. Musical

Lingua Galega

12:00

 

 

 

 

 

12:30

Valores/Relixión

Lingua Galega

CC. Sociais

Lingua Galega

Inglés

13:40

Lingua Galega

Ed. Plástica

CC. Naturais

Lingua Castelá

Ed. Física

60% conexión + 40% tarefas

 

 

4º Primaria

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:30

Matemáticas

Matemáticas

Lingua Castelá

Lingua Castelá

CC. Naturais

10:20

Matemáticas

CC. Sociais

Matemáticas

Lingua Galega

CC. Sociais

11:10

Ed. Física

Inglés

Valores/Relixión

Ed. Física

Inglés

12:00

 

 

 

 

 

12:30

Lingua Castelá

Lingua Galega

Inglés

Ed. Musical

Lingua Galega

13:40

Lingua Castelá

Lingua Galega

CC. Naturais

Lingua Galega

Ed. Plástica

60% conexión + 40% tarefas

 

 

5º Primaria

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:30

Ed. Física

Lingua Castelá

Lingua Galega

Lingua Galega

Lingua Castelá

10:20

Inglés

Matemáticas

Matemáticas

Lingua Galega

Matemáticas

11:10

Valores/Relixión

Inglés

Matemáticas

Matemáticas

Inglés

12:00

 

 

 

 

 

12:30

Lingua Galega

Ed. Musical

Lingua Castelá

Ed. Física

CC. Naturais

13:40

CC. Sociais

Ed. Plástica

Lingua Castelá

CC. Naturais

CC. Sociais

60% conexión + 40% tarefas

 

 

6º Primaria

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:30

Lingua Galega

Matemáticas

Lingua Galega

Matemáticas

Ed. Física

10:20

Matemáticas

Lingua Castelá

Matemáticas

Lingua Castelá

Inglés

11:10

Matemáticas

Ed. Física

Inglés

Lingua Galega

Lingua Galega

12:00

 

 

 

 

 

12:30

Inglés

Ed. Plástica

Valores/Relixión

CC. Naturais

CC. Naturais

13:40

CC. Sociais

Ed. Musical

Lingua Castelá

CC. Sociais

CC. Sociais

60% conexión + 40% tarefas