Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016:
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.
Toda a información no enlace da Consellería.
Prazos:
- Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
- Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 23 de marzo ao 14 de abril.
- Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
- Reclamacións ás listas provisionais: do 27 de abril ao 4 de maio.
- Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
- Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
Documentación necesaria:
- Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
- 2 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia do libro de familia ou do DNI
- Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
- Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
- Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
- Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)
Información de interese:
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Lexislación de referencia:
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)
OFERTA DE PRAZAS NO CEIP A RÚA
EDUCACIÓN INFANTIL
-
4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
-
5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas
-
6º de Educación Infantil (5 anos): 5 prazas
EDUCACIÓN PRIMARIA
-
1º de Educación Primaria: 1 praza para n.e.e.
-
2º de Educación Primaria: 5 prazas
-
3º de Educación Primaria: 10 prazas
-
4º de Educación Primaria: 2 prazas
-
5º de Educación Primaria: 2 prazas
-
6º de Educación Primaria: 1 prazas