Podemos ler nestes dous documentos en que consiste e o protocolo COVID que segue esta actividade.
Podemos ler nestes dous documentos en que consiste e o protocolo COVID que segue esta actividade.
ELECCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Este curso escolar toca renovar parte do Consello Escolar ( 3 pais, un deles representando a ANPA e 3 mestres do centro). Polo que precisamos un candidato de entre os pais para pertencer a esa mesa electoral das eleccións que se celebrarán o 23 de novembro, ( seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG 9 de agosto)
Os candidatos, terían que ser pais ou nais con dispoñibilidade horaria polas mañás para poder vir ao centro. Aqueles interesados ou interesadas escribídeme o correo do centro ceip.arua@edu.xunta.gal, co asunto Xunta Electoral. Cos que mes escribades ata venres farei un sorteo público no cole, para seleccionar un candidato, ese sorteo realizarase o vindeiro luns 18 as 9:35 no comedor, a resolución desta será comunicada na páxina web do centro ese mesmo luns.
A RÚA ENTRA NA TÚA CASA
Co fin de fomentar o uso do galego na nosa escola e como parte do proxecto “A Rúa sae á Rúa” gustaríanos contar coa participación das familias nesta actividade.
Cada mes os nenos e nenas dun curso terán a oportunidade de gravar un conto, unha historia, un relato... xunto coas súas familias, na nosa lingua galega. Despois faránolo chegar ao cole para que todos e todas poidamos desfrutar del e realizaremos diversas actividades nas aulas.
ANIMÁDEVOS, A CREAR E CONTAR HISTORIAS MARABILLOSAS!!!!
Empezaremos no mes de outubro cos nenos e nenas de 6º de primaria.
No mes de novembro será o alumnado de 5º quen nos deleite cos seus contos.
Antes de nadal, alá polo mes de decembro serán os de 4º de primaria quen nos conten as súas historias.
Xa co aninovo, no mes de xaneiro os nenos e nenas de 3º inaugurarán o ano cuns fermosos contos.
No mes de febreiro será o alumnado de 2º de primaria quen nos invite a escoitar os seus relatos.
Continuarán os máis pequenos de primaria, os de 1º curso no mes de marzo, con relatos na primavera.
No mes de abril, comezarán a contarnos as súas historias os de infantil, comezando cos de 5 anos, continuaremos en maio no mes das Letras Galegas cos de 4 anos e rematarán esta proposta co alumnado de 3 anos no mes de xuño.
Unha semana antes de cada mes lembraremos o curso ao que lle vai tocar esta grande experiencia.
ANIMÁDEVOS FAMILIAS!!!!
Adxunto ficheiros coa información e folla para cubrir.
Hoxe a ANPA, xunto con pais, alumnos e profesorado do CEIP A RÚA, molláronse polo río Saíñas, seguindo a campaña" Móllate polos ríos"
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008, organizando un día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. Un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Pretenden así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluvias como premisa para garantir a súa saúde.
Podesdes ver aquí as fotos do que sacaron esta mañá do río, situado ao lado do colexio, o río Saíñas. Clicade na foto para acceder o album.
MAÑÁ DÍA 9 AS 8:00 COMEZARÁ A AULA MATINAL E O COMEZDOR DARÁ COEMZO O VINDEIRO LUNS 13.
AULA MATINAL
COMEDOR
SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN ENVIADE A info@alimentacionsaludablegallega.com
A empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares .
A alta no servizo realizarase a través da APP Colechef da que acompañamos nota informativa explicando os pasos a dar. Para ampliar información podedes dirixirvos ao seu email info@alimentacionsaludablegallega.com . Para os/as alumnos/as que queiran empezar o 13 de setembro o prazo remataría o 10 de setembro.
O prezo do comedor será de 3,80 €.
Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan facer a solicitude a través da aplicación, poden realizalo co modelo de solicitude do ano pasado.
5.- Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 13 de setembro.
Xunto nota informativa sobre App colechef e a súa utilización
ESPECIALISTAS
EDUCACIÓN FÍSICA
Xesús Díaz Benito
EDUCACIÓN MUSICAL
Rosa María Iglesias Prieto
LINGUA EXTRANXEIRA:INGLÉS
Montserrat Sotelo Fandiño
ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE
Julia Iglesias Rivas (secretaria)
ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPEUTICA
Rosa Ana Rúa Pena
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ( luns, martes tarde, mércores e venres)
Silvia Caride López substituta Karina Cernadas Trillo
MESTRA DE RELIXIÓN CATÓLICA
María del Carmen López Fabeiro ( compartida co CEIP de Coiro)
AUXILIAR DE CONVERSA
Shanique Lovelace
SECCIÓN BILINGÜE EN 5º E 6º (ART)
Ana Portas Barreiro
MESTRAS DE MATEMÁTICAS
María del carmen Pequeno del Río ( 1º E 3º)
Ana María Hermelo Pousa ( 2º e 4º)
Ana Portas Barreiro ( 5º e 6º)
INFANTIL
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO A
María Fernández Vidal
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO B
Noelia Graña Paz
MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL GRUPO MIXTO C
Beatriz Bouzón Couñago
MESTRA DE APOIO E COORDIANDORA DO EQUIPO DE INFANTIL
Clara Yebra Domínguez sustitua Sarai Larrán Martínez
MESTRAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Rosa María Iglesias Prieto (titora)
Rosa María López Sotelo(educación artísticac e proxecto competencial)
MESTRAS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
MESTRAS DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
María del carmen pequeno del Río ( matemáticas, ámbito científico e lingua galega) ( xefa de estudos) ( titora)
Marta Sueiro Gil (lingua catelá)
Rosa María López Sotelo (educación artística)
MESTRAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Ana María Hermelo Pousa (titora)
Rosa María López Sotelo (educación artística)
Verónica Paz Souto ( valores) (directora)
MESTRA DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Marta Sueiro Gil (titora) ( ámbito científico e lingua galega)
Verónica Paz Souto ( lingua castelá) ( directora)
MESTRAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Ana Portas Barreiro ( titora)
Verónica Paz Souto ( lingua castelá) ( directora)