Premio ao proxecto "Viaxe polo Universo"

OLA VIAXEIROS!    ESTOU CONTENTÍSIMO, TEÑO UNHA GRAN NOVA!

A finais do curso pasado enviouse dende o centro o proxecto "Viaxe polo Universo" para participar no Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares  (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014
PROXECTOS PREMIADOS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013/2014

VISITA O PROXECTO "VIAXE POLO UNIVERSO" REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA

Presumo de Galego (CGENDL)

A CGENDL está organizando unha campaña que trata de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.

Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
 
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
 
De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
 
Animádevos a participar!
 
Captura de pantalla de 2014-11-26 11:22:25.png
 

A lenda do espantallo (versión inventada)

Presentámosvos unha versión da curtametraxe "La leyenda del espantapájaros", narrada polo alumnado de 5º curso de primaria. O audio foi elaborado polo alumnado sen coñecer previamente o texto orixinal. Todas as decisións foron consensuadas na aula a partir das diferentes propostas. Sorprende a grande cantidade de coincidencias entre a versión orixinal e esta, pero son pura casualidade. O traballo máis difícil foi facer cadrar as imaxes co ritmo do audio. Esperamos que vos guste!

Benvidos todos os peques de tres anos

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA COA NOSA ENTRADA Ó COLE. PARECE QUE VAI SER MOI, MOI VIAXEIRA NA QUE DESCUBRIREMOS GRANDES COUSIÑAS ENTRE TODOS.
XA VOS IREMOS AMOSANDO POUCO A POUCO ESTA AVENTURA.

 SOMOS  CLASE DOS INDIOS VIAXEIROS, QUE ESTAREMOS TODO O CURSO FACENDO RUTAS TURÍSTICAS MOI INTERESANTES NAS QUE VOS AMOSAREMOS  AS NOSAS AVENTURAS.

AQUÍ COMEZAMOS AS NOSAS ANDADURAS COAS RUTINAS NA AULA.

PASAMOS LISTA. O ENCARGADO SERÁ O XEFE INDIO ATAVIADO PARA A OCASIÓN ACTUALIZA OS CALENDARIOS DE AUSENCIAS E PRESENCIAS......

E COLOCAMOS AS NOSAS TARXETAS NO NOSO
TIPI.

TRABALLAMOS DE FORMA INDIVIDUAL

E POR PARELLAS.

REPOÑEMOS FORZAS CUNHA MERENDA MOI RICA.....

XOGAMOS NA CLASE A CONSTRUÍR TORRES.

E NO PATIO COMPARTINDO MOMENTIÑOS E XOGOS.

VISITAMOS A BIBLIO.

 

OLLAMOS OS LIBROS CON GRAN ILUSIÓN.

  E   ACHUCHAMOS A RONI!!!!.

Revista "Ollos de Aula" nº 17 (novembro 2014)

Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado, publica un novo número, o 17, que agardamos que sexa do voso interese.

Nesta nova entrega analiza as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara

"Viaxe á Lúa", de Georges Méliès.

A VIAXE Á LÚA

Os nenos de quinto de Primaria fixemos un pequeno resumo da película que vimos "A viaxe á Lúa", de Georges Méliès. Aquí volo deixo para que o gocedes. 

  Uns astrónomos estaban reunidos dialogando sobre a viaxe á Lúa que ían facer. Construíron o foguete e montáronse nel. Ían directos á Lúa cando impactaron contra ela. Celebraron que chegaron. Estaban tan cansos que se puxeron a durmir. Entón víronse varias constelacións, despois, como una choiva de estrelas. Cando espertaron foron ó outro lado da Lúa e alí atopáronse cos selenitas. Os habitantes do noso satélite fixeron ós terrícolas prisioneiros. Escapáronse, montáronse no foguete, e marcharon cara á Terra.

Sheyla

Escolas de familia (Horarios)

PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR "MAIS QUE UN TEITO"

GRUPOS DE TRABALLO PARA PAIS NAIS E EDUCADORES/AS

CURSO 2014-2015

As escolas de familias que organiza o concello de Cangas en colaboración cos centros educativos son un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai e teñen como obxectivo conseguir uns educadores/as que aceptan e alenten a progresiva autonomía dos fillos e fillas, que teñan seguridade e confianza na súa labor educativa e que consigan mellorar as súas relacións familiares e sociais.

 En xeral trátanse aspectos relacionados coa educación dos fillos e fillas, a educación para a saúde e a educación emocional, dándolle moita importancia á comunicación e as habilidades sociais. As achegas das persoas asistentes son de grande interese á hora de presentar tanto temas como conclusións.

 As datas e horarios definitivos dos grupos de traballo son:

 . Colexio Eduardo Pondal: Luns ás 15.30. Próxima reunión, 27 de outubro.

 . CEIP Cangas (Nazaret): Luns ás 17.00. Próxima reunión, 17 de novembro.

 . CEIP Espiñeira, Aldán: Martes ás 16.30. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP Castrillón: Martes ás 16.00. Próxima reunión, E. Infantil, 28 de outubro.

 . IES Rodeira, Mª Soliño e Montecarrasco: Martes ás 18.45, na sala de usos múltiples do IES Rodeira. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP San Roque: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 29 de outubro.

 . E.I. Choupana: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 5 de novembro.

 . CEIP O Hío: Xoves ás 17.00. Próxima reunión, 6 de novembro.

 Os grupos reúnense quincenalmente. Se hai un número elevado de pais e nais que o demanden, cóntase cuns coidadores que se encargan de facer actividades cos fillos e fillas das persoas asistentes ás reunións.

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.

A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro: 

Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.

Este documental está publicado na web de Vimeo:

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014

 Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:

https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso

O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:

http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html

http://www.edu.xunta.es/web/node/13522

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014-2015

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que poden descargar nesta mesma entrada ou que poden solicitar no centro educativo. (Neste caso lembren que non recibirán información escrita, terán que poñerse en contacto coa sección de Bolsas  para coñecer o estado da súa solicitude).

Tamén adxuntamos  unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución.

O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

Axudas Comedor Escolar 2014-2015

O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.

As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).

Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.

Distribuir contido