Continuamos a facer un repaso de como foi o entroido dos nenos e nenas que están a traballar sobre o Reino Unido.
Como podedes ver, esta clase converteuse en Beefeaters, ou o que é o mesmo, os gardiáns ceremoniais da Torre de Londres. Comezaron a traballar no seu disfraz dende comezos de ano e o resultado foi espectacular:
A continuación podedes ver unha presentación de imaxes con cada alumno/a desta clase:
E como convidados/as especiais, como xa vos contamos noutra entrada, ese día gozamos coa presenza da raíña Isabel II, a súa nora Camilla de Cornualles e o seu fillo Carlos de Gales:
Visita o noso blog REGO DA AUGA para ver esta e máis entradas sobre Galeg@s por Europa.