DISTRIBUCIÓN E RECOLLIDA DE MÁSCARAS ALUMNADO
A Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
A partir do mércores 12 de xaneiro de 2022 inicarase o reparto de máscaras do alumnado beneficiario do cheque de material de Fondolibros, (non de libros). Recorden que este alumnado abrangue de 1º a 6º de Primaria. O alumnado de Educación Infantil non é beneficiario do fondo.
O reparto realizarase do seguinte xeito:
Mércores 12 de xaneiro: 1º e 2º E.P.
Xoves 13 de xaneiro: 3º e 4º E.P.
Venres 14 de xaneiro: 5º e 6º E.P.
As máscaras recolleranse en administración en horario de 9:50 a 11:45 horas nas datas sinaladas e deberán asinar a folla de recollida. Se teñen fillos/as matriculados en diferentes cursos poderán recollelas nunha soa data.
Aquelas persoas que non poidan acudir nestas dastas e queiran acudir outro día, deberán solicitar cita previa no 981 64 12 84.
Así mesmo, quen non poida acudir en ningún momento, poderá autorizar a unha persoa que o faga, entregando cuberta esta autorización: Autorización recollida de máscaras.