Skip to Content

LOCALIZACIÓN

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

 

O CEIP de Arteixo está situado no concello de Arteixo, concretamente na Avenida Arsenio Iglesias, 33-B 15142 Arteixo. Está preto do polígono industrial de Sabón, a 200 metros do cruce da C-552 e a estrada de Caión.

 

 

Arteixo é un concello da provincia da Coruña situado no extremo occidental do golfo Ártabro. Está moi próximo da cidade da Coruña, limitando ao nordeste co concello desta cidade, ao leste co de Culleredo, ao suroeste co concello da Laracha e ao norte co océano Atlántico.

 A súa extensión é de 9350 hectáreas e comprende trece parroquias: San Martiño de Suevos (1), Santa María de Pastoriza (2), San Tirso de Oseiro (3), San Esteban de Morás (4), Santa María de  Loureda (5), Santiago de Arteixo (6), Santa María de Lañas (7), San Esteban de Larín (8), San Pedro de Armentón (9), San Tomé de Monteagudo (10), Santa Baia de Chamín (11), San Pedro de Sorrizo (12) e San Juan de Barrañán (13).

 Ten unha poboación duns 30000 habitantes, aproximadamente, concentrados na súa maioría nos núcleos de Arteixo, Vilarrodís, Galán, Pastoriza e Meicende. O seu número de habitantes fai que sexa un dos municipios con maior densidade de poboación da provincia.

 Arteixo está comunicado por dúas estradas e unha autovía, conta ademais con estradas interparroquiais. Os núcleos de poboación contan con pistas de aceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut