Skip to Content

DOCUMENTOS PARA AS FAMILIAS

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE E CULTURA MARROQUÍ (PLACM): CURSO 2024-2025

Desde hoxe e ata o vindeiro mércores 9 de outubro, queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de lingua árabe e cultura marroquí.

Para efectuar a inscrición o alumnado interesado poderá entregarlle a solicitude á súa titora ou titor debidamente cumprimentada.

Os impresos de solicitude poderán solicitalos en administración ou ben descargalos: Aquí. 

É importante que se informen das normas de participación da actividade.

Os criterios para a recollida do alumnado serán os mesmos que na actividade lectiva. Se os/as pais e nais do alumnado precisan autorizar a outra persoa para recollida dos seus/súas fillos/as, deberán cumprimentar debidamente a folla de autorizacións e entregala ao seu/titor ou en administración.

CONVERSA CON FAMILIAS

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

Prazo de reserva: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Formas de presentación das solicitudes:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. (Acceso: Premer aquí)

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Acceso: Premer aquí)

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Para as persoas que elixan esta última opción poderán acceder aos impresos nos seguintes enlaces ou ben facerse con eles na secretaría do centro.

- Impreso solicitude en galego.

-Impreso solicitude en castelán.

Para as persoas que elixan a primeira ou terceira opción (entregar a documentación presencialmente na secretaría do centro), poderán facelo en  horario de secretaría.

 

        Importante!!

 A reserva de matrícula preséntase no CEIP de Arteixo, non no IES.

     -  A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado, así como tamén deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

    - Se non desexa que o seu fillo/a continúe os seus estudos no IES Manuel Murguía, deberá asinar unha renuncia e entregar na secretaría do CEIP de Arteixo. Descargar documento aquí.

       - A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 Normativa:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

 

 

BIOESCOLAS: Iniciativa de aceite usado de cociña

 

O CEIP de Arteixo xunto coa empresa local de reciclaxe ARIOIL  pon en marcha, por segundo ano consecutivo, unha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamada BIOESCOLAS. Para máis información, preme na imaxe.

                                             

TRANSPORTE ESCOLAR: AVISO CAMBIO NOME PARADA

 

  • TRANSPORTE ESCOLAR. CAMBIO DE NOME DA PARADA PONTE DO BA 2 A FOXO

Comunicámoslles que, debido a un cambio realizado por Xefatura Territorial, a parada da liña 4 “PONTE DO BA 2” pasará a denominarse FOXO. Será no mesmo lugar, unicamente cambia o nome da parada.

 

Esta parada é realizada pola liña 3 e pola liña 4. Os usuarios da liña 4 que empregan a parada “PONTE DO BA 2”, seguen a coller o bus no mesmo sito, aínda que agora chamarase FOXO.

 

  • LOCALIZACIÓN DAS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Informámoslles que poderán coñecer a ubicación exacta de todas as paradas das catro liñas de transporte escolar do centro, consultando o seguinte documento. (Clicar encima para abrir).  Están insertados os hipervínculos para cada unha das paradas coas coordenadas facilitadas pola Consellería.  Deberán clicar nas que sexan do seu interese.

Distribuir contido


by Dr. Radut