Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

 ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

-Prazo das solicitudes: 20 de maio ao 19 de xuño

-As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.No ficheiro adxunto atoparedes a documentación necesaria e as solicitudes para descargar.

-O horario de Secretaría do centro será de 9:30 a 12horas.O centro estará aberto únicamente para a entrega da documentación relativa as axudas de libros e material escolar.

Normas de acceso ao recinto escolar:

*Respectar as normas de seguridade.

*Acudir unha persoa por familia.

*Traer os ORIXINAIS dos documentos para cotexar.

*Para outras consultas poderán facelo a través do teléfono ou  correo electrónico do centro.

 

 Arteixo a 19 de maio de 2020

 

AdxuntoTamaño
documentación solicitada.pdf121.37 KB
IMPRESOS.pdf558.82 KB


page | by Dr. Radut