Skip to Content

NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN

Seguindo as instrucións do 27 de marzo, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

1-Haberá informe de resultados da 2ª Avaliación ,na que ultilizaremos todo o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.

2-A publicación das notas  da 2ª Avaliación será a través de Abalar móbil o venres 3 de abril ás 12 horas.Se non tedes a aplicación é moi sinxelo:

*Descargar a aplicación gratuita ABALAR Móbil

*Escribir o nº de teléfono

*Teclear o código recibido

*Introducir un contrasinal

Se tedes algún problema coa descarga,enviade un correo co nome do alumno/a e nº de teléfono a :

ceip.arteixo.cuarentena@ceipdearteixo.org

3-O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado.

 

Queremos agradecer dende o Ceip de Arteixo ao alumnado,familias e profesorado o esforzo común por manter, na medida do posible, a actividade lectiva nesta situación tan excepcional.

                                 Moito ánimo e saúde para todas e todos.



page | by Dr. Radut