Skip to Content

FillAs de Breogán

Ola a todas e todos!

 
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos presentarvos un proxecto no que comezamos a traballar durante este curso.
 
Eduardo Pondal no seu poema Os Pinos, himno da nosa terra, fala de Galiza como a nación de Breogán. As fillas de Breogán son aquelas mulleres galegas que co seu traballo fan avanzar a nosa sociedade.
 
Por isto, este proxecto que hoxe presentamos leva por título "FillAs de Breogán".
 
Iremos pouco a pouco coñecendo o traballo de mulleres galegas que sobresaíron no seu eido, pero sen esquecer que hai outras moitas mulleres anónimas que no seu día a día tamén conseguen que se fagan realidade cousas ben fermosas coa súa labor.
 
Este curso enfocarémonos en coñecer a mulleres galegas do eido da música. Durante as próximas semanas, da man do alumnado do noso CEIP Arteixo, iremos descubrindo datos curiosos sobre mulleres músicas que chamaron a súa atención.
 
Esperamos que estas FillAs de Breogán tamén vos resulten inspiradoras!
 

 

 


blog | by Dr. Radut