Skip to Content

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

Prazo de reserva: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Formas de presentación das solicitudes:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. (Acceso: Premer aquí)

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Acceso: Premer aquí)

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Para as persoas que elixan esta última opción poderán acceder aos impresos nos seguintes enlaces ou ben facerse con eles na secretaría do centro.

- Impreso solicitude en galego.

-Impreso solicitude en castelán.

Para as persoas que elixan a primeira ou terceira opción (entregar a documentación presencialmente na secretaría do centro), poderán facelo en  horario de secretaría.

 

        Importante!!

 A reserva de matrícula preséntase no CEIP de Arteixo, non no IES.

     -  A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado, así como tamén deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

    - Se non desexa que o seu fillo/a continúe os seus estudos no IES Manuel Murguía, deberá asinar unha renuncia e entregar na secretaría do CEIP de Arteixo. Descargar documento aquí.

       - A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 Normativa:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

 

 



page | by Dr. Radut