Segundo o calendario para a celebración de eleccións ao Consello Escolar aprobado pola Xunta Electoral na reunión do pasado 2 de novembro, no día de hoxe, na segunda reunión da Xunta Electoral, procedeuse á admisión e proclamación de candidaturas do sector de nais, pais e titores/as legais.
A listaxe de candidaturas, ordenadas por orde alfabética estarán publicadas no taboleiro de anuncios de administración, no interior do centro, desde o día de hoxe.