Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

 

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembrorealizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: a directora
, un/ha profesor/a, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o mércores 26 de outubro, no salón de actos. Acceso á circular informativa do sorteo: Premer aquí.



page | by Dr. Radut