Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.
Agás en 6º de Educación Primaria, no que houbo que baremar por non haber vacantes, no resto dos niveis todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
Poderán consultar as listaxes no taboleiro situado no interior do centro ao lado de secretaría.
Para formular reclamación contra estas listaxes terán de prazo 5 días hábiles contados a partir de mañá.