A partir do 21 de marzo, poderán presentar no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2023-24, para aquelas familias que non o fixesen no período ordinario.
A documentación solicitada é a seguinte:
1. Impreso solicitude admisón fóra de prazo. Premer aquí.
Importante:
- Cubrir os datos con claridade.
- Incluír sempre un enderezo electrónico.
- Esta solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores ou persoas titoras ou acolledoras, agás nos casos de violencia de xénero ou nos casos nos que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles.
2. Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.
3. Copia do libro de familia.
4. Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.
5. Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.
6. Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
7. Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.
Información a ter en conta:
- A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
- Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
- De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
- Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria.
Para solicitar cita ou resolver calquera dúbida chamar ao teléfono 981 64 12 84