Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º E.P. PARA O CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

Prazo de reserva: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Formas de presentación das solicitudes:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. (Acceso: Premer aquí)

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Acceso: Premer aquí)

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Para as persoas que elixan esta última opción poderán acceder aos impresos nos seguintes enlaces ou ben facerse con eles na secretaría do centro.

- Impreso solicitude en galego.

-Impreso solicitude en castelán.

Para as persoas que elixan a primeira ou terceira opción (entregar a documentación presencialmente na secretaría do centro), poderán facelo en  horario de secretaría.

 

        Importante!!

 A reserva de matrícula preséntase no CEIP de Arteixo, non no IES.

     -  A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado, así como tamén deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

    - Se non desexa que o seu fillo/a continúe os seus estudos no IES Manuel Murguía, deberá asinar unha renuncia e entregar na secretaría do CEIP de Arteixo. Descargar documento aquí.

       - A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 Normativa:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

 

 

FOGGA: REPARTO DE LEITE. EDUCACIÓN INFANTIL

A partir deste xoves 11 de xaneiro e durante 20 días consecutivos, seralle repartido leite 100% galego ao alumnado da etapa de Educación Infantil, correspondente ao primeiro período de distribución de leite grazas á axuda convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

O reparto realizarase durante o período de lecer.

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E EDUCACIÓN: AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 (SÓ ETAPA EDUCACIÓN INFANTIL)

A concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, abriu o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2023/2024, para as familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos.

Prazo de presentación de solicitudes: Do 13 de decembro ao 11 de xaneiro de 2024.

Presentación de solicitudes:

  • De xeito electrónico: Enlace aquí.
  • De xeito presencial: No departamento de Educación de 9.00 a 14.00 horas (sen cita previa, por orde de chegada).

Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

Modelo de solicitude

Bases reguladoras

Publicación no BOP

 

COMUNICADO BONILLA A LA VISTA

Estimados clientes,

En nombre de Bonilla a la vista queremos trasladaros nuestras más sinceras disculpas por no haber podido cumplir hoy con el encargo solicitado.

Para nosotros, la satisfacción de todos y cada uno de nuestros clientes es muy importante, pero en esta ocasión, y debido a causas ajenas a nuestra voluntad, no ha sido posible cumplir las expectativas.

Lamentamos lo ocurrido y mostramos nuestro compromiso y absoluta disposición para a que a la vuelta de las Navidades cada niño tenga el chocolate con churros que se merece.

Un afectuoso saludo,

Bonilla a la vista

Diego García

Departamento de Marketing

FELICITACIÓN NADAL 2023

PROGRAMACIÓN NADAL 2023

CAMPAÑA DE ADORNOS SOLIDARIOS CCA DE ARTEIXO

Os adornos solidarios que elaborou o alumnado do noso centro xa están repartidos nos diferentes establecementos de Arteixo. Para consultar onde se atopan. Premer aquí

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E XOGOS DIDÁCTICOS PARA O NADAL

COMPARTIMOS CON VÓS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS E XOGOS DIDÁCTICOS PARA ESTAS DATAS.

TEDES ESTA E OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE NO BLOG DA NOSA BIBLIO: O RATO DE LER

COMEZO DAS CLASES DE LINGUA ÁRABE E CULTURA MARROQUÍ CURSO 2024/2025

O vindeiro  mércores 13 de decembro darán comezo as clases de Lingua Árabe e Cultura Marroquí para o alumnado que, no mes de setembro, solicitou a participación nesta actividade.

 

Para consultar máis información en galego: Pinchar aquí.

Para consultar más información en castellano: Pinchar aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut