Skip to Content

16 de setembro día non lectivo

Día non lectivo 

 

O próximo mércores 16 de setembro é día non lectivo por ser festivo local en Arteixo.

HORARIOS TRANSPORTE ESCOLAR

HORARIO DE RECOLLIDA DOS ALUMNADO TRANSPORTADO

 

LIÑA 1: 9:00h. Agarimo.

LIÑA 2: 9:05 h. Rozas-Groufa

LIÑA 3: 9:00h. Regocheo.

LIÑA 4 : 9:05 h. Igrexario-Loureda. Chegará a Ponte do Ba 1 ás 9:10h aproximadamente.

Estes horarios son aproximados. Os primerios días axudarán a ir axustando os horarios.

Horario escalonado para Educación Infantil

Recordámosvos que hoxe comeza Educación Infantil co horario de inicio escalonado, especificado no aviso publicado o  día 8 de setembro nesta web. 

PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE INFANTIL

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020/2021

 

Mañá comezamos un novo curso. Un curso atípico e con moitos cambios: profes novos, clases distintas, patios diferentes, frechiñas polos corredores ... novas normas e novas rutinas que van formar parte do día a día do cole. Os profes estamos preparando todo para que poidades desfrutar e aprender no cole igual que o faciades en cursos anteriores.

Este curso vai ser distinto, non sabemos moi ben como se vai desenvolver; o que sí podemos dicirvos é que imos facer todo o posible para que sexa o máis tranquilo e levadeiro posible. Para iso precisamos da vosa axuda, dos/das nenos/as e das familias. Pedímosvos tranquilidade, paciencia e comprensión.  O comezo deste curso está a resultar moi complicado pero estamos seguros/as que ca axuda de todos e todas, ímos conseguir que sexa un poquiño máis doado. Todos e todas temos que poñer da nosa parte.

Agradecemos desde aquí o apoio e o cariño recibido de tantas familias; para nós é moi importante. Tamén agradecemos a axuda do persoal non docente do centro e a colaboración da ANPA na preparación deste dificilísimo inicio de curso. O voso esforzo, sumou.

Vémonos mañá pero antes de despedirnos, aí van uns recordatorios: 

Mañá, xoves 10 de setembro, iniciarán o curso o alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria, que xa non volverán ata o luns 14.

Debido a que a porta verde non se poderá empregar ata o luns, o alumnado de terceiro entrará pola porta azul. Os/as alumnos/as de quinto e primeiro  faranno pola porta vermella. 

O venres 11 só virán ao cole o alumnado de 2º,4º de 6º de primaria. O alumnado de 4º tamén entrará, excepcionalmente, pola porta vermella e os/as alumnos/as de segundo e sexto, pola porta azul. Este alumnado non volverá ao cole ata o martes 15.

O alumnado de Educación infantil comezará as clases o luns 14. 

Os horarios de cada día e cada curso  están especificados na proposta de inicio de curso escalonado publicada hai uns días. Consultádea con calma  para que non haxa confusións. Consultade tamén o plano das portas para saber por onde vos corresponde entrar.

O xoves 17 comezarán as clases todo o alumnado do centro, xa que o mércores 16 é festivo local.

 Esperámosvos mañá, cas vosas máscaras, e con moitas ganas de aprender. 

Desexámosvos un bo curso e, sobre todo, moita saúde.

 

Equipo Educativo de Ceip de Arteixo.

 

 

 

 

Consulta listaxes provisionais transporte escolar

Consulta listaxes transporte escolar

Na entrada da secretaría están expostas as listaxes de transporte escolar para este curso 2020/2021. 

Poden pasar a consultalas en horario de secretaría. Para as consultas non é preciso pedir cita previa, pero deben cumprir as normas establecidas, unha soa persoa de cada vez.

 

Aviso importante familias 3ºA Primaria

Aviso importante familias 3ºA Primaria

A titora deste grupo poñerase, ao longo do día de hoxe, en contacto coas familias a través do correo electrónico para informalas do seguinte:

A reunión telemática de hoxe queda aprazada para o día de mañá, mércores 9 ás 17 horas.

Como facer cando recibimos unha invitación por Webex?

Como facer cando recibimos unha invitación por Webex?

No seguinte documento adxunto tedes unha explicación de como empregar a plataforma Webex para as reunións co profesorado, xa sexa desde PC ou móbil.

Plano portalóns e portas de acceso para o alumnado

Plano de portalóns e portas de acceso ao edificio para alumnado

No arquivo adxunto, podedes consultar como se distribuirán os portalóns e portas de entrada e saída do alumnado ao centro para o curso 2020/2021.

 

NOTA: as entradas e saídas do alumnado, serán escalonadas por cursos e en  diferentes intervalos horarios e por diferentes portas e portalóns.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut