Skip to Content

AVISO ADMINISTRACIÓN

A día de hoxe aínda non  foi nomeada unha persoa substituta para administración. Para ir adiantando trámites, as persoas (solicitantes) ou ben autorizados por estas e que non recolleran o cheque de Fondolibros no mes de xullo, poderán pasar a recollelos mañá de 12:15 a 13:00 horas (nin antes nin despois desa hora). Así mesmo, a partir de luns e ao longo da semana que vén, poderán recollelos sen ningún problema, posto que esperamos contar con persoal en administración.

DOCUMENTOS NECESARIOS PARA O COMEZO DE CURSO

As familias deberedes descargar os documentos de:  ficha de datos, autorización imaxe, ficha alerxias/intolerancias, autorización recollida alumnado, e calquera outro documento de ser o caso,  e facellos chegar ás persoas titoras o día 11 de setembro, primeiro día de clase, a través dos vosos fillos e fillas.

É moi importante que entreguen as autorizacións de recollidan do alumnado, tanto para a saída do colexio como de transporte, en caso de ser usuarios do mesmo.

SOLICITUDE CAMBIO DE OPTATIVA ALTERNATIVA Á RELIXIÓN CURSO 2024/2025

Prazo: do 1 ao 8 de setembro de 2024

 

Forma de presentación: presencialmente na secretaría do centro ou preferiblemente, enviando a solicitude asinada ao correo electrónico   

                      administracion@ceipdearteixo.org

 

Asunto da mensaxe: Solicitude cambio optativa

 

Acceso á solicitudePremer aquí

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut