Para a resolución de dúbidas referentes á conterena, medidas de illamento, período de vixilancia e outras cuestións relacionadas coas medidas de prevención da COVID-19 nos centros educativos, a consellería realizou unha guía de preguntas frecuentes para a súa resolución. Para acceder á guía PREMER AQUÍ.
Recorden que ante un resultado positivo en COVID-19 deben notificalo inmediatamente ao teléfono habilitado ao respecto: 881 54 00 45 ou se prefiren facelo de xeito máis áxil poden facelo a través dun formulario de declaración responsable de autotest positivo on line moi sinxelo. Para acceder ao formulario: PREMER AQUÍ
INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR:
O alumnado que realice unha corentena domiciliaria de 7 días, deberá extremar as medidas preventivas outros 3 días. Así, durante os días 8º, 9º e 10º, deberá seguir medidas de vixilancia e polo tanto é importante que: "Non realice actividades que impliquen quitar a máscara se non pode asegurar a distancia de seguridade". Así, durante estes días dito alumnado non poderá facer uso do servizo de comedor, xa que non se pode garantir a distancia mínima de 2 m sen uso de máscara.
Así mesmo, o alumnado que obtivese un resultado positivo na Covid nos últimos 6 meses, estará exento de corentena e deberá seguir medidas de vixilancia ata pasados 10 días do último contacto co caso positivo. Polo tanto, este alumnado poderá asistir ao centro pero non deberá facer uso do servizo de comedor durante ese tempo, xa que non se pode garantir a distancia mínima de 2 m sen uso de máscara.
Para ampliar a información sobre medidas de illamento dun caso sospeitoso ou confirmado, medidas de corentena domiciliaria e medidas de vixilancia, recomendámoslles consultar a páxina 3, punto 1 da guía. Tamén poderán consultar dúbidas relacionadas ao respecto no teléfono 981 21 90 15.