Skip to Content

OBRADOIRO CON FAMILIAS con Sandra Varela Amado: Alimentación saudable

 

PREMER NA IMAXE PARA VER A MELLOR RESOLUCIÓN.

Desde o CEIP de Arteixo animamos a toda a comunidade educativa a participar no obradoiro.

 

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que o luns 16 de maio é día non lectivo escollido polo centro e o martes 17 de maio é festivo autonómico, polo tanto o centro permanecerá pechado. Volvemos ás aulas o mércores 18.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2022-2023, presentadas no período ordinario. Están expostas no tablón do interior do edificio ao lado de administración.

O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

Tendo en conta o determinado no punto anterior das DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (20/04/22), pregamos ás familias do alumnado usuario de comedor, coa casuística do punto anterior, avisen ao servizo de comedor para que poidan tomar as medidas oportunas e dar cumprimento ao determinado neste punto, así como para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa. 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 21/04/2022

O pasado 21 de abril de 2022 a Consellería de Educación publicou, conxuntamente coa Dirección Xeral de Saúde Pública, as seguintes directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo. Recomendamos encarecidamente a súa lectura de cara á protección da saúde de toda a comunidade educativa. Incidimos, especialmente, no respecto ao determinado no punto 4.2 de dito documento. Consultar aquí.

USO DE MÁSCARAS NO INTERIOR DO CENTRO EDUCATIVO

Segundo o Real Decreto 286/2022 publicado no día de hoxe, o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio nos interiores, agás no transporte público e no ámbito sanitario. A Consellería de Sanidade de Galicia, seguindo o “principio de prudencia”, recomenda continuar co seu uso no interior das aulas. Polo tanto, o uso da máscara por parte do alumnado no centro educativo queda a criterio das familias.

DÍAS NON LECTIVOS

Desde o día 11 e ata o día 18 de abril, ambos inclusive, o centro permanecerá pechado por ser días non lectivos. Voveremos ás aulas o martes 19 de abril.

O MANDADIÑO NO CEIP DE ARTEIXO. ENTROIDO 2022

OBRADOIRO CON FAMILIAS con Antonio Rial Boubeta: Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar.

 Para ver unha pequena sinopse do programa. Premer na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut