CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES CURSO 2022-2023
|
13 DE XULLO
|
1º E.P. e 2º E.P.
|
14 DE XULLO
|
3º E.P. e 4º E.P.
|
15 DE XULLO
|
5º E.P. e 6º E.P.
|
O horario para a recollida dos vales será de 9:30 a 13:30 horas para o que non será preciso pedir cita previa.
Deberán acudir as persoas que figuren como solicitantes, de non ser así poderán autorizar a unha persoa que recolla os vales na súa representación. Para iso deberán descargar esta autorización (premer aquí) cuberta e asinada pola persoa solicitante e pola persoa autorizada acompañada da copia do DNI e/ou pasaporte de ambas e entregar todo na secretaría do centro o día da recollida.
As persoas que non recollan os vales nestas datas poderán facelo no mes de setembro.
Os libros do fondo para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria serán entregados ao comezo de curso ao alumnado como de costume.
IMPORTANTE: non perder ou deteriorar os vales, posto que unha vez emitidos non poderán ser entregados novamente.
Non deberá entrar máis dunha persoa á vez en secretaría.