PROXECTO RÍOS - LIMPEZA DO RÍO
Durante este curso 2022-2023 seguiremos participando no Proxecto Ríos que tan boas experiencias ofreceu o pasado curso. Así, o venres tivo lugar a primeira actividade: a LIMPEZA DO RÍO.
Toda a escola, acompañados por persoal do Concello e polo Concelleiro de Medio Ambiente, desprazouse camiñando ata o tramo do Río Armenteira que temos moi preto do centro. Unha vez alí, organizados por grupos, comezamos co traballo de limpeza tendo que retirar plásticos, cabichas, papeis e... ata unha tixola!
Agora o traballo continúa nas aulas analizando a información obtida e procurando estratexias para mellorar a nosa fermosa contorna.
Parabéns ao alumnado pois amosouse moi implicado na actividade ao tempo que amosaba preocupación por manter limpa a súa vila.
Grazas ao Concello pola colaboración, a Camilo pola súa axuda sempre e á organización do Proxecto Ríos achegando toda a información necesaria así como unhas bonitas camisetas de agasallo para o alumnado.