blogue deadmin
A pasada semana rematamos o 1º reto de "Merendas saudables e sostibles".
É o propio alumnado quen se encarga cada día de rexistrar a puntuación. Acompañar a merenda cunha peza de froita son +2 e traer plástico dun só uso é -1.
Logo de 15 días fixemos reconto e... NON HOUBO NINGÚN DÍA NO QUE A FROITA NON ESTIVERA PRESENTE NAS NOSAS MERENDAS!
O equipo con máis puntos elixiu como premio pintar os seus debuxos favoritos en grande e compartilo co resto dos compañeiros e compañeiras.
Esta actividade ten un obxectivo claro: fomentar hábitos saudables e reducir os residuos ao máximo.
Grazas familias por participar!
SEGUIMOS!
Este mes de outubro a poeta Louise Glück gañou o Premio Nobel de Literatura. Gustaríame que coñecérades un pouco a súa obra xogando con algúns dos seus versos.
No documento adxunto propóñovos actividades voluntarias e a posibilidade de conseguir 3 puntos.
Agardo que vos guste o meu debuxo inspirado nun dos seus versos.
Que a actualidade e a poesía entre na aula!
Fran
Estimadas familias:
dende a escola queremos recordar que debedes tomar todos os días a temperatura aos vosos fillos; no caso de que teñan fiebre, deberán quedar na casa. Tamén recordar a importancia de que cambien diariamente a mascarilla e non usen a mesma dous días seguidos. Cumprindo as normas evitaremos contaxios.
Por último aproveitamos para informar que o vindeiro luns 12 de Outubro é festivo, non haberá clase, e o martes tampouco, pois o eleximos coma día non lectivo xunto cos outros centros de Meis, así que voltaremos a escola o mércores 14 .
Sen mais ,saudos e saude dende a escola.
Onte deixábanos o coñecido humorista gráfico Quino. Con tal motivo, na nosa aula dedicamos un tempo a coñecer a Mafalda.
No documento adxunto tedes información (breve) sobre Quino e Mafalda así como algunhas viñetas.
Oxalá sexa do voso interese e investiguedes un pouco máis sobre o tema.