Skip to Content

MOTIVACIÓN PARA APRENDER NA CASA

Os nenos e nenas levan moito tempo na casa aprendendo virtualmente desde o fogar o que fai que se desmotiven, aumenten as distraccións, diminúa a súa  capacidade de concentración. Se a isto engadimos que o curso está rematando, a calor que invita a sair, ir á praia e abandonar as rutinas diarias de estudo non é fácil que manteñan a autodisciplina e habilidades necesarias para continuar co estudo ata que finalice o curso escolar.

A UOC (Universitat Oberta de Catalunya) publicou un interesante artigo sobre como motivar aos nenos/as a aprender con estratexias como: horarios con tempo de lecer, fomentar a concentración dos fillos/as con espazos fixos, seguir as cinco "C" (contexto, creatividade, curiosidade, control e colaboración), fixar obxectivos pequenos e concretos, adaptarse ao neno/a...
No ENLACE DA UOC podedes descargar o artigo e reflexionar sobre a importancia de que os vosos fillos/as estean motivados para aprender.
Tamén deixo un vídeo moi curto de Jose Antonio Medina sobre cómo motivar aos nen@s a aprender.
 

 

 


blog | by Dr. Radut