Queridas familias!
En primeiro lugar, mandarvos unha aperta moi grande e decirvos que botamos moito de menos a nosa vida nas aulas con vosos/ as fillos/as.
Seguindo as directrices establecidas, toca seguir quedándonos na casa polo ben de todos/as. Moito ánimo!
Hoxe comeza o terceiro trimestre. A partir de agora, o equipo de infantil publicaremos actividades (optativas) cada semana nesta web, servíndonos de canle entre as familias e as mestras.
Propoñémosvos que, unha vez feitas as actividades propostas, nos mandedes unha foto vosa coa actividade feita. Ademais, podedes enviarnos todo o que querades: debuxos, vídeos, mensaxes, dúbidas que teñades…, e así podemos manternos en contacto. As fotos que nos mandedes, subirémolas á galería da web do cole(se algunha familia non quere que se suban as fotos á web do seu fillo ou a súa filla, comunicárnolo vía email).
Cada mestra temos un correo ó que podedes enviarnos o material:
Enma, titora de 3 anos: profeenma@gmail.com
Bea, titora de 4 anos: Beatriz.rodriguez.rico@gmail.com
Ana, titora de 5 anos: anabelenvilaboa@gmail.com
Jaione, mestra de apoio: profejaione@gmail.com
Animádevos a participar nas actividades! Así podemos ver todo o que ides facendo.
Un saúdo!
O equipo de infantil.