Skip to Content

ACTIVIDADES 1º CURSO (Vacacións Semana Santa)

Ola nenas e nenos de 1º!

Como xa sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa formación non presencial o martes 14 de abril de seguir a restricións de asistir ao colexio.

Se mentres queredes seguir facendo algunha actividade do colexio, podedes revisar o anterior post, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades - 1º EP ( primeiro post). (Se premedes enriba , xa vos
redirixe)

Se vos apetece mandarnos algunha foto das actividades que facedes,
dúbidas que teñades ou algunha suxestión, podedes escribirnos as
seguintes direccións:

1º A: profeanarealonga@gmail.com
1º B: aula1barealonga@gmail.com

Ademais vos propoñemos a seguinte actividade ( animádevos a facer
algunha foto que subiremos a web de 1º):

RISOTERAPIA EN FAMILIA
Traémosvos uns exercicios de risoterapia que podedes practicar sós e/ou en familia.
Que é a Risoterapia? É unha técnica destinada a mellorar o estado http://youtube.online-downloader.com/YouTube-to-FLV-Spanishfísico e psicolóxico a través da risa: cando unha persoa ri, ademais de mellorar o seu estado de ánimo e mellorar o seu estado psicolóxico ou de tensión, coa risa tamén se xera unha substancia benéfica para o organismo, as endorfinas, que melloran o noso sistema inmune e por tanto protéxennos das enfermidades. Así que vos deixamos 100 doses de risas como mínimo!!

Risa en xaxún: Cada mañá, ao levantarte, séntate comodamente coas costas rectas, pero sen rixidez (para poder respirar ben, non presionar o diafragma e modular e proxectar ben a túa voz), e dedícate a rir sen ningún motivo especial durante un par de minutos

Risa caseira: Cada membro da familia estará facendo as súas cousas, de súpeto soltas unha estrondosa gargallada, aparentemente sen sentido, durante quince segundos e volve a normalidade do que facías. Oxalá consigas involucrar aos familiares e logres que cando escoiten a gargallada todos a imiten.

O espello: Para facelo tanto en grupo como só. Colócate fronte a un espello e cambia a expresión do teu rostro. Fai distintas muecas, sorrí.... Tamén un neno ou adulto para facer de espello, imitando as muecas e sorrisos, podendo cambiar os roles.

Cóxegas: Para facer en grupo. A risa causada por cóxegas é a forma de risa máis primitiva. As zonas máis cosquillosas son: axilas, flancos, pescozo. Cando se reciben cóxegas envíanse a través das terminacións nerviosas da pel, impulsos eléctricos ao sistema nervioso central, o que desata unha reacción na rexión cerebral. Por tal motivo, moi poucas persoas poden resistir a esta técnica infalible

Esperamos que vos guste!!!!!

Saúdos agarimosos!!!

As mestras de 1º

 

 



blog | by Dr. Radut