Skip to Content

ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINUE ESTUDOS NO IES CASTRO ALOBRE (CENTRO ADSCRITO)

Para alumnado de 6º que pretenda continuar estudos no I.E.S. Castro Alobre durante o o vindeiro curso 2020 - 2021.

PRAZO: Do 1 ao 17 de Febreiro.

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro adscrito (Castro Alobre), deberá presentar no centro de orixe (CEIP Arealonga) o modelo normalizado de reserva de praza que acompaña a esta nota informativa, ata o luns 17 de febreiro.

Tamén é posible utilizar a aplicación informática admisión/alumnado no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Solicitudes-Reserva-Crear.

Imprimirase e presentarase na secretaría do CEIP Arealonga, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común,  tamén pode presentarse por via telemática utilizando a SEDE ELECTRONICA (para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

(Horario atención ao público da secretaría: Luns a venres de 09:15 a 10:30 e de 13:00 a 14:00).

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través de esta aplicación informática utilizando o código de solicitude e o numero de DNI da persoa solicitante.

Esto será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (CEIP Arealonga) antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (do 1 ó 20 de marzo).

A presentación de solicitudes de admisión noutro centro sen facer a devandita renuncia, terá a consideración para os efectos de perda da prioridade.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (Castro Alobre).

 

CEIP AREALONGA
Vilagarcia de Arousa, 31 de xaneiro de 2020.



blog | by Dr. Radut