Skip to Content

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24

 Neste curso o Departamento de Orientación, coordinado pola Orientadora, está composto por dúas mestras de Pedagoxía terpéutica (unha delas itinerante) e dúas mestras especialistas de Audición e Linguaxe, e ao longo do mesmo temos a finalidade de acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional, o desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas.

A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes tanto no correo orientacionarealonga@gmail.com como  a través do teléfono do centro.

Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

 

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola.

Estimulade desde a casa todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s. E ao longo de todo o curso mantede unha comunicación constante cos profesores ante calquera dúbida para garantir un desenvolvemento integral dos vosos fillos e fillas.

 

 



blog | by Dr. Radut