Skip to Content

blogue deadrianlopezlouro

PLAZO DE ADMISIÓN - INFANTIL E PRIMARIA

PLAZO DE ADMISIÓN - INFANTIL E PRIMARIA

Aínda non o tes decidido? Non coñeces o noso cole?

Do día 1 ao 22 de Marzo de 2021 estará aberto o prazo de admisión para matricularse no noso centro, o CEIP AREALONGA.

para máis información:
ou na
Secretaria do CEIP Arealonga:
Telf.886151840
Hotario atención ao público de luns a venres:
9:15 a 11:00
12:45 a 13:45

 

cartel

Mira tamén este vídeo para facerte unha idea das cousas que podes desfrutar.

(Facede click se non carga automáticamente)

 

XOGOS TRADICIONAIS (Educación Física)

Bo día!

Chega o día das Letras Galegas, un día moi especial para o nosa Comunidade. Este día recórdanos o importante que é o noso idioma e as nosas tradicións.

Dende a área de Educación Física queremos contribuir cunha ficha relacionada con xogos tradicionais. Saberedes cal é cada un? Podedes poñer cal é o que máis vos gusta, explicalo a vosa maneira e puntualo. Así saberemos cales son os vosos gustos para poder facelos cando poidamos volver á normalidade.

Un abrazo (virtual) para todos/as!

 

Feira Medieval da Árbore

 

O alumnado de sexto nivel do CEIP Arealonga organizou unha feira para recaudar diñeiro co fin de donalo a asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Querían botarlles unha man para seguir coidando dos nosos bosques trala desgraza que ocorreu este curso 2017-2018 pola culpa dos incendios en Galicia.

Gracias aos postos de comida e os de xoguetes feitos con material reciclado e ca organización de actividades e xogos conseguiron reunir  654,42€. Todos eles donados para a conservación das nosas árbores.

Noraboa rapaces e rapazas! Sodes xeniales!

Distribuir contido


by Dr. Radut