Skip to Content

blogue deconchivillanueva

MENÚ OUTUBRO

MENÚ OUTUBRO BASAL

MENÚ OUTUBRO INTOLERANTE LACTOSA

CURSO 2024/2025

Estreamos un novo curso e desde o CEIP Plurilingüe Arealonga seguimos apostando por unha educación inclusiva.

O Departamento de orientación é un servizo de atención ao alumnado e asesoramento ás familias e ao profesorado da nosa comunidade educativa.

Durante este curso formarán parte do Departamento as seguintes mestras

- Especialistas en Pedagoxía Terapéutica

Ana Mª Rodríguez Noya

Xulia Suárez Sánchez

- Especialista en Audición e Linguaxe

Casilda Sampedro Pérez

- Orientadora

Mª Concepción de las Fuentes Villanueva

Para calquera dúbida o teléfono de contacto directo é o 886151835, ou ben chamar ao teléfono xeral do colexio 886151840 extensión 51835.

Tamén temos un email: orientacionarealonga@gmail.com

BO CURSO A TODOS E TODAS!!!!

BECAS NEAE

O 19 DE ABRIL DE 2024 PUBLICOUSE A CONVOCATORIA DAS BOLSAS NEAE PARA O CURSO 2024-2025

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES É DO 30 DE ABRIL AO 13 DE SETEMBRO DE 2024

TEDES INFORMACIÓN DE COMO SOLICITALA NO ENLACE:

BECAS NEAE CURSO 2024/25

E PARA ACCEDER A SEDE ELECTRÓNICA CLICADE NO ENLACE:

SEDE ELECTRÓNICA

AS EMOCIÓNS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POR COCAN, E COA INTERVENCIÓN ASISTIDA CON CANS APRENDERON EMOCIÓNS, LERON UN CONTO E SE RELAXARON.

FOI MOI DIVERTIDA E OS NENOS E NENAS DISFRUTARON MOITO COA VISITA DESTES ANIMALIÑOS!!

OBRDOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

EN COLABORACIÓN CO SPAD DE VILAGARCÍA DE AROUSA, O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUNS OBRADOIROS PARA REFLEXIONAR SOBRE A PUBLICIDADE, DE CARA A FOMENTAR UN CONSUMO RESPONSABLE.

OBRADOIRO NOVAS MASCULINIDADES

EN COLABORACIÓN CO CIM DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DESENVOLVEMOS CON ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA UNS OBRADOIROS PARA FALARMOS DE IGUALDADE E REFLEXIONAR SOBRE OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO E A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS, IMPARTIDO POLO PROFESOR DA USC E EXPERTO EN IGUALDADE, JORGE MARÍN

IGUALDADE: LOITA DAS MULLERES DO SÉCULO XX

DENTRO DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 8-M E PARA REINVINDICAR A IGUALDADE HOMES/MULLERES, CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE MONTSE FAJARDO PARA FALARMOS DO PAPEL DAS MULLERES NO SÉCULO XX, ESPECIALMENTE NA REINVINDICACIÓN DOS SEUS DEREITOS NA POSTGUERRA.

PLAN DIRECTOR

COMA NOS ÚLTIMOS CURSOS, A POLICÍA NACIONAL, DENTRO DO PLAN DIRECTOR, IMPARTIU PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E RISCOS NAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

DISCIPLINA POSITIVA

NA ESCOLA DE FAMILIAS DESTE TRIMESTRE ABORDAMOS O TEMA DA DISCIPLINA POSITIVA, PARA EDUCAR CON LLÍMITES PERO DESDE O RESPECTO.

JENIFFER HERBÓN DEIXOUNOS ESTAS RECOMENDACIÓNS PARA PROFUNDIZAR NO TEMA

11-F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

PARA VISIBILIZAR O PAPEL DA MULLER NA CIENCIA DESENVOLVEMOS CO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBRADOIROS DE MULLERES CIENTÍFICAS E MULLERES INVENTORAS, IMPARTIDOS POLA ENTIDADE "CIENCIA EN MOVEMENTO". 

Distribuir contido


by Dr. Radut