Skip to Content

Taboeiro de anuncios

FOLGA 08 de marzo de 2019 DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Comunicamos a todas as familias que  mañá venres  día 08 de marzo, está convocada unha xornada de folga de carácter xeral con ocasión da celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Queremos informar  que esta folga pode ter incidencia, tanto no sector educativo como no servizo de transporte escolar que ofrece este centro, en calquera caso manteranse  os servizos mínimos.

     
Vilagarcía, a 07 de Marzo de 2019
A Dirección.
CEIP AREALONGA.

ABERTO O PERIODO DE ADMISIÓN (Do 1 ao 20 de marzo)

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o periodo de admisión

nos centros docentes sustentados con fondos públicos

 Para consultala orde podedes premer noseguinte enlace:

 

 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Para encher e descargar os impresos premede no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeAdmision-execute.action

 

Os impresos poden:

. presentarse telemáticamente na sede electrónica con certificado dixital

. imprimilos dende o enderezo anterior e presentalos cubertos na secretaria do centro ou

. recollelos e presentalos na secretaría do centro.

As solicitudes, presentadas na secretaria do centro, deben ir acompañadas de:

- Certificado de matricula do centro de procedencia (agás os que queiran matricularse en 4º curso de educación infantil)

- Fotocopia do libro de familia ou  documento que acredite a idade do alumno.

-  De darse o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e /ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Só se pode entregar un impreso na secretaría do 1º centro elexido, poñendo este en 1º lugar.

De non facelo así perderanse tódalas prioridades.

 Para entregar os impresos temos o seguinte horario:

Horario secretaria atención ao público:

9:15 a 10.30 e 13:15 a 14:15

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS IES CASTRO ALOBRE 2019-2020 (que presentaron a reserva)

Xuntase a listaxe de finitiva de alumnado admitido no IES Castro Alobre, despois de presentar á reserva:

OFERTA PÚBLICA DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

Publicamos a oferta de prazas vacantes para o vindeiro curso 2019-2020.

Lembramos que o periodo de admisión  de alumnado que se matricule por 1ª vez ou proceda doutros centros educativos, abranguerá do 1 ao 20 de marzo.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

A listaxe provisional de admitidos e excluidos publicaránse nesta web día 9 de xullo. Tamén estarán dispoñibles para consulta na secretaria do centro educativo.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación destas listaxes ( 10 e 11 de xullo).

As listaxes definitivas, cos libros asignados, publicaráse na web e no taboeiro da secretaria do centro o 19 de xullo

Os vales entregaranse na dsecretaría do centro apartires do 3 de setembro

Os libros que correspondan a cada alumno, os entregaran os titores nas aulas a partires do comenzo das clases o 12 de setembro.

Listaxe provisional: 9 de xullo

Reclamacións: 10 e 11 de xullo

Listaxe definitiva: 19 de xullo

Entrega de vales: a partires do 3 de setembro

Entrega de libros: O profesorado ao seu alumnado, nas aulas, a partires do 12 de setembro

 

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS ALUMNADO 6º

Xa están a disposición das familias os HISTORIAIS ACADÉMICOS do alumnado que rematou a etapa de Educación Primaria durante este curso (2017 - 2018).

Pódense recoller na secretaria do centro de 9:00 a 13:30 horas

 

FELICES VACACIÓNS!

CONCELLO: AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL

 

Onte  foron publicadas no BOP da Deputación de Pontevedra as BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL PARA FAMILIAS CON ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURSO 2018/2019.

 
A novidade principal é que se establece un prazo en xuño, dende hoxe ata o 30 deste mes, o que nos vai permitir que, logo de que Facenda nos permita acceder aos datos da renda 2017 alá por agosto, se poida facer a proposta de pagamento co que serían efectivas antes do inicio do curso. No mes de setembro, abrirase outro prazo, do 1 ao 15 de setembro, para os que matriculen aos rapaces no último momento ou non se enteraran do prazo de xuño.
 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

Convocado o Fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

Acceda á información premendo neste enlace

Pódense presentar ata o día 22 de xuño de 2018:

por via telemática:   Enlace para presentar a solicitude por vía telemática

ou na secretaria do centro: Enlace para acceder aos formularios

 

Distribuir contido


by Dr. Radut