Skip to Content

Orientación

LETRAS GALEGAS INCLUSIVAS

Comparto material de “Creando en Especial” sobre Xela en Arias para que todas poidamos acceder á información e enriquecernos con esta autora á que se lle adicou o Día das Letras Galegas deste ano 2021.

Picade no ENLACE para visualizar o vídeo elaborado co apoio de pictogramas.

CONVIVENCIA

CONVIVENCIA COA AXUDA DOS CANS

Hoxe os rapaces e rapazas de 6º de Educación primaria aprenderon valores sociais tan importantes como a superación persoal, a empatía, a importancia da axuda mutua e a colaboración... a través das  divertidas dinámicas que nos ofreceron as compoñentes de Cocan (intervencións asistidas con animais), coa axuda das cadeliñas e o protagonista da sesión, Tom, un can que superou o abandono e a agresividade grazas a convivencia con estas cadeliñas e as súas donas.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

COCAN

Hoxe tivemos unha divertida sesión de animación á lectura grazas a agrupación Cocan (intervencións asistidas con animais).

Na compañía de tres marabillosas cadelas, os nenos e nenas de Educación infantil leron o conto "Amalia quiere un perro"  e logo fixeron un circuito coas cadeliñas para desenvolver a súa psicomotricidade, a orientación espacial e habilidades sociais como a empatía ou o respecto as quendas.

Foi unha actividade moi bonita, na que os nenos e nenas desfrutaron moitísimo!!

CIBEREXPERT@S

PROGRAMA CIBEREXPERTOS/AS

Rematan as charlas da Policía Nacional para o alumnado de 6º de Educación primaria, impartidas polo Inspector Suárez, sobre o uso seguro de internet e as redes sosiais. Esperemos que os rapaces e rapazas se conciencieran de facer un uso seguro e responsable destas novas tecnoloxías.

Recordade que na páxina is4k.es (internet segura for kids) tedes materiais para familias e nenos/as sobre este tema que podedes descargar e consultar, e que o INCIBE ten o teléfono 017 que resolverá as vosas dúbidas sobre ciberseguridade.

AS EMOCIÓNS NO DÍA DO LIBRO

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Grazas a colaboración do alumnado de 6ºA e da súa profesora, Vanessa Álvarez, puidemos desenvolver no espazo de Educación infantil a lectura do conto "O monstro de cores" para que os nenos e nenas desta etapa de infantil  aprendan a recoñecer as súas propias emocións. 

 

FELIZ DÍA DO NENO E A NENA!!!

FELICIDADES A TODAS AS NENAS E NENOS DO COLE!!

CIBERSEGURIDADE A TRAVÉS DO XOGO

Deixo enlace a unha páxina de Internet segura for kids onde podedes xogar en familia a ver quen sabe máis sobre ciberseguridade na casa e sobre todo, que nos axuda a todos e todas a facer un uso máis seguro de internet.

Son varios xogos tanto para pais/nais como nenos/as a partir de seis anos nos que podedes realizar diferentes retos coma: piratas da identidade, sopas de letras, xogos de parellas, internet runner...

Picade no enlace CYBERSCOUTS  e probade a xogar en familia!

 

 

DIA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

HOXE, 2 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. 

SE QUEREDES PODEDES APOIAR A CAMPAÑA "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR" E MOSTRAR ASÍ O VOSO COMPROMISO E SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS CON TEA E AS SÚAS FAMILIAS.

PICADE NO SEGUINTE ENLACE DIAMUNDIALDELATUISMO E PARTICIPADE NESTA CAMPAÑA EN REDES SOCIAIS.

 

CONTOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS EN FAMILIA

ESTES DÍAS DE VACACIÓNS EN FAMILIA É UN BO MOMENTO PARA LER CONTOS NOS QUE SE FALAN DE DIFERENTES EMOCIÓNS E FAVORECEN A CONVIVENCIA FAMILIAR.

NO ENLACE TEDES UN LISTADO DE CONTOS POR IDADES E TEMÁTICAS COMA O MEDO, O ENFADO, A ANSIEDADE, AUTOESTIMA...

ANÍMOVOS A QUE LEADES ALGÚNS DELES!!

Distribuir contido


by Dr. Radut