Skip to Content

blogue deconchivillanueva

MÁIS IGUALDADE

PARA SEGUIR TRABALLANDO O TEMA DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, ENTRE NENOS E NENAS, DEIXO AQUÍ UN ENLACE ONDE PODEDES VER DIFERENTES CORTOS E LER CONTOS VARIADOS.

CANDO PIQUEDES NEL DESPREGARANSE TODOS OS RECURSOS.

ESPERO QUE VOS GUSTE!!

ORIENTAIGUALDADE SYMBALOO

8M

PARA CONMEMORAR O 8-M DÍA, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, ELABORAMOS ENTRE TODAS E TODOS UN MURAL NO QUE PODEMOS VER A LABOR DESENVOLVIDA POLAS NOSAS NAIS, TÍAS, AVOAS NESTES TEMPOS DIFÍCILES DE PANDEMIA.

OS COIDADOS, O TRABALLO NO FOGAR, OS  TRABALLOS ESENCIAIS, NA SANIDADE, NA EDUCACIÓN, NO COMERCIO... AMOSAN A IMPORTANCIA DO PAPEL DA MULLER NESTES MOMENTOS COMO PIAR DA SOCIEDADE.

GRAZAS A TODAS!!!

OBRADOIROS PARA FAMILIAS

A Cruz Vermella vén de poñer en marcha o proxecto "Apoio a parentalidade positiva" coa finalidade de axudar ás familias nas funcións de crianza e socialización dos seus fillos/as.

A inciativa consiste nunha serie de obradoiros de xeito virtual nos que se traballarán competencias das familias como a corresponsabilidade de tarefas, o benestar emocional, o manexo social...

Os pais e nais que esteades interesados/as podedes contactar con arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono 986512244, e concretamente coa psicóloga Rocío Iglesias.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia, deixo un enlace onde podedes descargar un cómic sobre Científicas pasado, presente e futuro, elaborado pola Unidade de igualdade da Universidade de Sevilla e que vai dirixido a nenas e nenos entre 8 e 14 anos para que coñecen o papel da muller no eido científico, visualizando a profesión e vida real de científicas relevantes do pasado e do presente, co fin de espertar nas nenas a vocación polos estudos tecnolóxicos e científicos.

Para descargalo picade no enlace "Cómic científicas pasado, presente e futuro"

 

DÍA INTERNACIONAL DA INTERNET SEGURA

A CEAPA para axudar as familias na xestión do uso dos videoxogos e do móbil cos fillos e fillas publicou recentamente unha pequena guía con consellos de como empregar axeitadamente as novas Tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito familiar.

É un documento curto, pero moi claro que podedes descargar no enlace El papel de las familias en la promoción saludabel de videojuegos y dispositivos móviles en estudiantes

 

OS TRES OSOS

HOXE OS NENOS E NENAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRMARIA DISFRUTARON DA OBRA DE TEATRO "OS TRES OSOS", GRAZAS A COLABORACIÓN DE AFUNDACIÓN.

GUSTOULLES MOITO ESTE TEATRO DE MONICREQUES E FOI UNHA ACTIVIDADE DIFERENTE!

OS TRES OSOS

HOXE OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DISFRUTARON DA OBRA DE TEATRO "OS TRES OSOS", CON APOIO DE LINGUA DE SIGNOS, GRAZAS A AFUNDACIÓN.

GÚSTOULLES MOITO ESTE CONTO CON MONICREQUES E FOI UNHA ACTIVIDADE DIFERENTE!!

DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

COMO CADA CURSO O 30 DE XANEIRO CONMEMORAMOS ESTA DATA E ESTE ANO TAN ESPECIAL QUIXEMOS CONTAXIARNOS DE PAZ E BOS DESEXOS CUN MURAL COLECTIVO CON MENCIÑAS CURATIVAS COMO O AGARIMO, A PACIENCIA, A EMPATÍA, A ILUSIÓN, O AMOR...GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

PASAMOS Á E.S.O

Cando remate este curso os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria acabades a vosa etapa educativa no colexio e pasades ao instituto.

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre elaborou un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarvos tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula que se realizará no mes de xullo. O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra... son datos que podedes consultar nos seguintes enlace: Por fin a ESO!! e Alumnado que accece a 1º da ESO

EMPATIZA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria están a participar nuns obradoiros de habiidades sociais desenvolvidos polo Educador Social Ramón Molina, grazas a colaboración da área de Servizos Sociais do concello de Vilagarcía.

Habilidades sociais coma a asertividade,a escoita activa ou a empatía axudarannos a saber afrontar os conflitos de maneira pacífica, a través do diálogo, cara a conseguir unha mellora da convivencia escolar no noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut