Skip to Content

Orientación

HABILIDADES SOCIAIS CON CANS

OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA APRENDERON A TRABALLAR COMO GRUPO E A DESENVOLVER HABILIDADES SOCIAIS GRAZAS A AXUDA E INTERVENCIÓN DOS CANS DE COCAN E AS SÚAS ADESTRADORAS.

A COLABORACIÓN, A ESCOITA, A AXUDA SON ALGUNHAS DAS HABILIDADES SOCIAIS QUE SE TRABALLARON NESTE OBRADOIRO.

 

OBRADOIRO DE MULLERES INVENTORAS

DENTRO DO PROXECTO DE IGUALDADE DO NOSO CENTRO, HOXE OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO PARA RECOÑECER O IMPORTANTE PAPEL DA MULLER NO MUNDO DA CIENCIA, COÑECERON OS INVENTOS E DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS DE ALGUNHAS DELAS  E REALIZARON DIFERENTES EXPERIMENTOS MOI DIVERTIDOS!!!

 

USO SAUDABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

DEIXO NO ADXUNTO AS RECOMENDACIÓNS QUE NOS DEIXOU A PSICÓLOGA JENIFFER HERBÓN NA ESCOLA DE FAMILIAS QUE REALIZAMOS NO COLEXIO.

BO NADAL A TODOS E TODAS E COIDÉMONOS MOITO!!

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE AGASALLOS DO NADAL

O CFR de Pontevedra ofrece o vindeiro xoves, 16 de decembro, unha charla para as familias titulada Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal”, que se desenvolverá no Salón de actos do IES Castro Alobre de 19 a 21 horas.

Esta charla será impartida polo licenciado en psicoloxía Óscar Páramos, quen falará sobre a importancia de realizar unha elección razoable dos agasallos de Nadal para os nosos nenos/as.

Poden consultar información sobre a mesma no cartel adxunto.

25-N

CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLLERES.

BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dentro do Plan Director, hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu unha charla impartida por membros da Policía Nacional na que lles lembraron a importancia de facer un bo uso do móbil, as redes sociais, os videoxogos... de cara a previr futuras adiccións a estas tecnoloxías.

Ademais falaron do acoso a través das redes, o ciberbullyng, o sexting...para que nenos e nenas comprenderan os riscos aos que poden enfrontarse se fan un uso inadecuado destes recursos tecnolóxicos.

CIBERSEGURIDADE

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unha charla de ciberseguridade, organizada pola Afundación e impartida por Bernardo Viqueira, na que se explicaron os riscos da nosa pegada dixital nas redes sociais e no acceso a programas e contidos informáticos.

VISÍTANOS JESSICA BOUZAS

DENTRO DO PLAN DE IGUALDADE E DO PROXECTO "MULLERES NO DEPORTE", HOXE COÑECIMOS A JESSICA BOUZAS, TENISTA PROFESIONAL QUE ESTUDOU NO NOSO COLE.

FOI UNHA VISITA MOI BONITA E APRENDEMOS MOITAS COUSAS DE TENIS!!

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NO FOGAR

En Cruz Vermella están a desenvolver o proxecto "Apoio á Parentalidade Positiva" destinado a familias con nenos, nenas e financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo é fortalecer ás familias e capacitalas para poder realizar a sua labor de xeito efectivo. 

 

No marco deste proxecto convidanvos a participar o sábado 20 de novembro de 10:00 a 11:30 horas ó seminario on line en directo sobre "Resolución de conflictos", que será impartido por Juan Manuel Romero, psicólogo especialista en trauma e disociación da personalidade.  

Para participar hai que inscribirse neste enlace: https://forms.office.com/r/utcEfY0meC antes do venres 19 de novembro. Logo enviaranvos o código de acceso e unhas sinxelas instrucións.  

Distribuir contido


by Dr. Radut