Skip to Content

Blogues

XORNADAS TDAH

A ASOCIACIÓN TDAH SALNÉS VAI ORGANIZAR UNHAS NOVAS XORNADAS, O 21 DE OUTUBRO, PARA A FORMACIÓN E INTERCAMBIO DE EXPERIECIAS DE PROFESIONAIS ESPECIALISTAS EN TDAH. TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE

https://tdahsalnes.wordpress.com/vii-xornadas-do-tdah-2/

USO DE PANTALLAS

A Asociación Española de Pediatría vén de publicar unha serie de recomendacións sobre o uso de pantallas e dispositivos móbiles e ferramentas para elaborar un plan dixital familiar.

DÍA NON LECTIVO NO CONCELLO: 13 DE OUTUBRO DE 2023

O vindeiro día 13 de outubro de 20123, non haberá clase no concello de Vilagarcía de Arousa

Vista a proposta do Consello Escolar dese Centro formulada ao abeiro do disposto no artigo 7, da Orde do 3 de maio de 2023, (DOG número 93 do mércores 16 de maio de2023), pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024,a XefaturaTerritorial declara non lectivo para ese centro o día 13/10/23 de acordo co calendario laboral.

 

PATIOS ACTIVOS: RECREOS DIVERTIDOS

O proxecto de "Patios activos"(con material) no Arealonga, pretende que o noso alumnado poida participar en  actividades diferentes durante os recreos, co que este momento de lecer, volvese moito máis divertido.

Aquí o exemplo:

Patios activos

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24

 Neste curso o Departamento de Orientación, coordinado pola Orientadora, está composto por dúas mestras de Pedagoxía terpéutica (unha delas itinerante) e dúas mestras especialistas de Audición e Linguaxe, e ao longo do mesmo temos a finalidade de acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional, o desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas.

A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes tanto no correo orientacionarealonga@gmail.com como  a través do teléfono do centro.

Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

 

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola.

Estimulade desde a casa todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s. E ao longo de todo o curso mantede unha comunicación constante cos profesores ante calquera dúbida para garantir un desenvolvemento integral dos vosos fillos e fillas.

 

 

ASOCIATE Á ANPA DO AREALONGA

 

ASOCIARSE Á ANPA TEN MOITAS VANTAXES

NON O DEIXES PASAR

ASOCIATE

 FICHA DE INSCRIPCIÓN

ACTIVIDADES

ASMBLEA ANPA CURSO 2023-2024

 

CIRCULAR ASAMBLEA ANPA

A ANPA ALONGA  convoca a unha samblea no Salón de actos do colexio o vindeiro  xoves 21 de setembro ás 20:20 horas.

Descarga a circular.

"Axudas á escolarización" Concello de Vilagarcía de arousa

 

Axudas escolarización

 Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización"

que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.

Prazo aberto dende o 1 o ata o día 30 de setembro.

Entrégase no Concello.

Para máis información: Bases     Impresos para entregar cubertos no Concello

CALENDARIO ESCOLAR 2023 - 2024

Deixamos o calendario escolar para o vindeiro curso, pero ainda hai tempo para desfrutar das vacacións e da familia. Moitos plans e suxerencias aquí:  https://www.vigopeques.com/

Calendario escolar Galicia 2023-2024

LISTAXE DEFINITIVO FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

Hoxe 14 de xullo, publícase a listaxe definitiva de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros, poderán consultala no taboeiro de anuncios do centro e telemáticamente a través da aplicación FONDO LIBROS empregando a chave 365.

Horario de atención ao público secretaria:

luns a venres de 10:00 a 12:00

Distribuir contido


by Dr. Radut