Skip to Content

Orientación

BECAS NEAE

Xa se poden solicitar as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Estas axudas poderán solicitarse do 19 de maio ao 30 de setembro do 2021

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Unha vez que cubrades a instancia, impirmiredes o formulario da solicitude (PDF) e xunto co informe do gabinete que vai a prestar o apoio pedagóxico e/ou logopédico, tedes que presentalo no colexio ou ben no centro educativo no que vaia estudar o neno/a, no caso de alumos/as que pasen ao instituto.

Tedes información no enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

E o enlace para solicitalas é

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. facilitando a conciliación laboral das familias.

Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos ?Coñece Galicia?, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas.  O prazo de presentación solicitudes abrirase, para unha parte dos programas, o próximo mércores 18 de maio.

Como xa ocorreu nas campañas precedentes, a Campaña de Verán da Xunta de Galicia realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade que sexan precisas, e tendo presente tamén o actual escenario tras a aprobación do Real Decreto 286/2022, de 19 de abril. 

Máis información no enlace de abaixo:
 

 

 

MÁIS MULLERES NO DEPORTE

Rematamos co plan de igualdade deste curso visibilizando o papel da muller no deporte e esta semana visitounos Siña Abeijón, a mítica capitana do Cortegada, que contou a súa experiencia no mundo do baloncesto, animou a nenos e nenas a practicar este deporte e fixo coa rapazada de educación infantil, 1º e 2º de primaria, un minientreno para motivalos a xogar ao baloncesto.

IGUALDADE NO DEPORTE

Seguimos a recibir no noso cole, dentro do noso Plan de igualdade, a visita de deportistas  para visibilizar o papel da muller na práctica de diferentes disciplinas deportivas, eliminando calquer tipo de estereotipo de xénero.

Nesta ocasión foi Aroa Paulos, taekwondista galega, quen nos fixo unha demostración deste deporte ao alumnado de 6º de Educación Primaria e animou a nenos e nenas a practicar esta disciplina deportiva.

MULLERES E DEPORTE

Dentro do noso Plan de igualdade, e en coordinación co ENDL, visitou o noso centro a taekwondista Aroa Paulos. Enfundada no seu kimono fixo unha demostración ante os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria co fin de eliminar calquer estereotipo de xénero na práctica deste deporte.

MULLERES CIENTÍFICAS

Fomentar a voccación científica entre as nosas nenas é un dos obxectivos do noso Plan de iguadade de cara a eliminar estereotipos de xénero e conseguir unha igualdade real na sociedade. Con este fin o alumnado de 6º de Educación primaria participou no obradoiro "Excelentes mulleres científicas" organizado por Ciencia en movemento. Imaxinación, experimentos e cultura científica para compartir e aprender!!

MULLERES NO DEPORTE

DENTRO DO NOSO PLAN DE IGUALDADE E DO PROXECTO "MULLERES NO DEPORTE" VISITOU O NOSO CENTRO A TIRADORA DE ESGRIMA ARACELI BUGALLO.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PUIDERON COÑECER ESTE DEPORTE A PARTIR DAS EXPLICACIÓNS E AS PRÁCTICAS LEVADAS A CABO POR ESTA CAMPIOA INTERNACIONAL E DESTE XEITO PRETENDEMOS IMPULSAR A IGUALDADE DE XÉNERO NA PRÁCTICA DAS DIFERENTES MODALIDADES DEPORTIVAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut