Skip to Content

EDLG

RAP DO SAMAÍN

 
O alumnado de 6º B creou o "RAP DO SAMAÍN". 
 
Mirade que marabilla e que artistas temos!
 
 
 
 
      LETRA:
 
Acaba o verán,
chega o Samaín
con historias de medo
e caramelos sen fin.
 
Uh! Uh! Uh!
Samaín, Samaín, Samaín, in, in.
 
Aí vén
o home do saco
a comernos o papo.
Fuxe, fuxe, fuxe, Paco
que quere meternos nun trapo.
 
Uh! Uh! Uh!

Samaín, Samaín, Samaín, in, in.

 
Anda por aí
a meiga Chuchona
paseando por esta zona.
Temos que colgar un allo
para que non nos faga daño.
 
Uh! Uh! Uh!

Samaín, Samaín, Samaín, in, in.

 
De noite anda
a Santa Compaña
con cara de alma en pena
pola montaña.
 
Teño moito, moito medo,
por iso rezo o credo
e crúzome o dedo,
así xa marcha o medo.
 
Uh! Uh! Uh!

Samaín, Samaín, Samaín, in, in.

 
 

UN SAMAÍN DE MEDO

 

A continuación poderedes gozar das vosas cabazas de SAMAÍN:

 

Curtas de animación

A SXPL, coa colaboración da CRTVG, ofrece actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo.

Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.

 

Os retos da raposa Fedella

Aquí vos deixamos máis actividades relacionadas co autor homenaxeado este ano 2020 o Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero.

Trátanse duns retos moi divertidos que nos propón a raposa Fedella e que tedes no documento adxunto máis abaixo.

Esperamos que desfrutedes!

As pitas baixo a choiva

Aquí vos deixamos máis recursos para traballar o Día das Letras Galegas.

No seguinte enlace tedes o proxecto educativo "As pitas baixo a choiva".

Contén un relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato "Conto", música e unha unidade didáctica.

http://aspitas.gal/

Un saúdo.

EDLG

Celebración da Semana das Letras Galegas

O domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.

O autor homenaxeado este ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero.

Dende o luns 11 ata o venres 15 de maio conmemoraremos no colexio a Semana das Letras Galegas.

Para iso recomendamos a páxina: http://seminariogalan.org/

Nesa web podedes atopar actividades en liña, ademais do material para imprimir que nós vos facilitamos nos documentos adxuntos.

Un saúdo.

Moito ánimo!

Celebración da Semana das Letras Galegas

O domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.

O autor homenaxeado este ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero.

Dende o luns 11 ata o venres 15 de maio conmemoraremos no colexio a Semana das Letras Galegas.

Para iso recomendamos a páxina: http://seminariogalan.org/

Nesta web podedes atopar actividades en liña, ademais do material para imprimir que nós vos facilitamos nos documentos adxuntos.

Un saúdo.

Moito ánimo!

CONTO VIAXEIRO para celebrar o "DÍA DO LIBRO"

Este "Conto Viaxeiro" apareceu na biblioteca do CEIP Arealonga para celebrar con nos o "Día do libro" . Veu de parte do ENDL e viaxou por todas partes antes de chegar. Continuaraaa....

O NOSO LEMA

No CEIP Arealonga tomámonos moi en serio a nosa lingua e por iso convocamos un concurso do que sae noso lema. Este curso todos foron boisimos! Ahí deixamos a demostración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut