Skip to Content

Animación á lectura

Día do Autismo

Día do autismo

Celebramos o día do autismo con unha serie de divertidas actividades deseñadas para que o alumnado coñeza mellor este problema e tome conciencia de que todos somos que de axudar, colaborar e compartir.

Enlace con fotos a contnuación:

https://goo.gl/photos/bHWAKpa8iXPb4a3M8

CIENCIA E MOVEMENTO: PROHIBIDO NON TOCAR

Unha experiencia alucinante:

https://practicaciencia.com/

MERCADILLO SOLIDARIO POLA PAZ

Co gallo do día da Paz, celebramos este mercadillo solidario para axudar a unha ONG na súa labor de coidar a natureza. Propuxemos esta actividade dende a biblioteca enmarcandoa no proxecto do curso 2016 - 2017: "SENTIR O BOSQUE"

 

TALLER DE COCIÑA EDUCACIÓN INFANTIL- CEE DE PANXÓN

Para rematar o noso proxecto: O cociñeiro, as tres aulas de Educación Infantil do CEIP Arealonga, participamos nun taller de cociña impartido polo alumnado e profes do CEE de Panxón. Aprendimos moitísimas cousas: como é o uniforme dos/das cociñeiros/as, onde traballan, e ademáis, como se achega o nadal, fixemos deliciosos mazapáns.

Grazas ao EEI de Panxón por achegarnos esta bonita actividade.

Tamén saímos no periódico.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/12/14/beneficios-ensenanza-cocina-educacion-ninos/1588055.html

CONSTRUINDO A ÁRBORE DA IGUALDADE NA BIBLIOTECA

Actividade cos máis pequenos enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca: Sentir o bosque. construimos unha árbore con globos de cor violeta que simboliza o noso rechazo á violencia. Traballamos tod@s xunt@s para conseguir o noso obxectivo. Quedou ben bonito.

ECOS CORTEGADA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º participamos nunha charla sobre a historia da Illa de Cortegada  a cargo da asociación “ O Faiado da Memoria”, que nos explicaron como vivían os veciños desta illa e como sufriron cando os botaron das súas casas para regalar a illa ao rei.

Ademais no cole temos unha exposición para coñecer esta parte da historia do noso Concello.

MAGOSTO e Biblioteca: boa combinacion

Unha mañá estupenda para asar castañas.Ademáis aproveitamos para entregar os premios dos concurso de SAMAÍN e AREALON GO! organizados pola Biblioteca. Qué ben o pasmos!

 

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hmmmmmmm! Parece que estos ratos de queren celebrar o día das Bibliotecas escolares. A onde irán?

Distribuir contido


by Dr. Radut