Skip to Content

Listaxe libros de texto 2023-2024

Libros de texto

Faise pública a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24 (ver adxunto).

O alumnado de 5º e 6º de primaria non precisará libros por pertencer ao programa Edixgal.

DÍA DA BICICLETA XUÑO 2023

Celebramos o día da bicicleta no cole. O alumnado de quinto e sexto xunto co clube ciclista ribadumia e o triatlón vilagarcia demos Unha volta pola vila
Ó rematar, o clube ciclista ribadumia fixo Unha exhibición das súas habilidades onde tamén puido participar o alumnado
Un día súper especial

OS PASOS VIAXEIROS

"Os pasos viaxeiros"

é un proxecto elaborado en colaboración coa biblioteca Escolar dentro da súa proposta:

"A volta ao mundo en 80 libros"

Video dos reloxos conta pasos.Os pasos canxeanse  por km e trasladanse ao mapa en cidades do mundo.os pasos viaxeiros

STOP ACCIDENTES XUÑO 2023

Recibimos de novo a asociación Stop accidentes que loita por mellorar a seguridade vial.

Esta vez, usando os nosos patinetes , aprendimos, practicamos e desfrutamos moito.

Álbum: Educación Física -> STOP ACCIDENTES XUÑO2023

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023/2024

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2023/2024.

do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos)

  • Presencial con asistencia da aplicación
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos na secretaria do centro.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 CALENDARIO

TRAMITES

PRAZO

Presentacion de solicitudes

Ata o 21 de xuño

Publicación listaxes provisionais

07 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

 10 e 11 de xullo

Publicación das listaxes definitivas

14 de xullo

Entrega vales axudas libros e material

 Mes de setembro

Entrega libros do Fondo Solidario

Na aula, ao inicio do curso

 

 

OBRADOIROS DO SPAD

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NO OBRADOIRO "TBO e non cho creo", ORGANIZADO POLO SPAD DE VILAGARCÍA, NO QUE RECIBIRON INFORMACIÓN SOBRE AS CONSECUENCIAS DO CONSUMO DO ALCOHOL  E DESPOIS REALIZARON UN CÓMIC SOBRE O TEMA TRABALLADO.

OBRADOIROS DO SPAD

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NO OBRADOIRO "TI QUE OPINAS", ORGANIZADO POLO SPAD DE VILAGARCÍA, PARA TRABALLAR O CONSUMO CRÍTICO E RESPONSABLE A TRAVÉS DA ANÁLISE DA PUBLICIDADE.

XOGADE con anexo Alomba 12 de maio de 2023

Recibimos ao alumnado do Anexo A Lomba para compartir xogos e deporte.

Álbum: Educación Física -> XOGADE con Anexo A Lomba 12-5-2023

INFORMACIÓN MATRÍCULA. CURSO 2023/2024

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado solicitante de praza para o vindeiro curso 2023/2024.

As listaxes están expostas nos taboleiros de anuncios internos dos edificios do CEIP Arealonga.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño de 2023,

na secretaría do CEIP Arealonga de 09:15 a 13:00h.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA:

- Impreso de matrícula ( será facilitado na secretaría do CEIP Arealonga e pode descargarse dende este enlace)

- 2 fotografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.

- Fotocopia do DNI e/ou folla do libro de familia onde conste o alumno.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.

- Fotocopia do libro de vacinas onde están rexistradas as que ten subministradas ata a data actual.

- Solicitude de trasporte ( si vai facer uso)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut